Cataluña
O FC Barcelona lanza a súa primeira rede social en ruso
O FC Barcelona conta cunha nova comunidade virtual, dirixida aos falantes de ruso, con contidos informativos e de entretemento. Faino da man aplicación de mensaxería Viber.
Fonte: FC Barcelona
Unha nova web agrupa plataformas nas que se poden atopar audiolibros en catalán

A Generalitat de Cataluña pon a disposición de lectoras e lectores unha nova páxina web que agrupa as plataformas onde se poden atopar audiolibros en catalán co obxectivo de visibilizar a oferta dispoñible e fomentar o seu consumo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat de Cataluña impulsa o catalán, o aranés e a lingua de signos catalá mediante varias liñas de axudas

Cunha partida orzamentaria de 3,7 millóns de euros, Política Lingüística convoca oito liñas de axudas que teñen como obxectivo impulsar a presenza do catalán no sector tecnolóxico, a tradución de obras non literarias ou os produtos audiovisuais, entre outros. Así mesmo, dedicará dúas liñas específicas ao aranés e á lingua de signos catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Goberno de Cataluña mellorará a plataforma de aprendizaxe en liña de catalán Parla.cat
O Goberno destinará 1.111.990 euros a transformar tecnoloxicamente a plataforma de aprendizaxe en liña do catalán Parla.cat, o permitirá que sexa operativa en dispositivos móbiles, teléfonos e tabletas, ademais de, como ata agora, en ordenadores.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Convócanse as probas para obter os certificados oficiais de aranés
As probas de 2021 para conseguir os certificados oficiais de aranés están destinadas a persoas maiores de 17 anos e servirán para a obtención dos niveis A1, A2, B1, B2 e C1.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Doce novos títulos da literatura universal incorpóranse á listaxe de obras traducidas ao aranés

A colección de clásicos traducidos ao aranés iniciouse en 2019 e a ela incorpóranse agora doce novos títulos que se poden descargar de balde na web do Institut d’Estudis Aranesi-Acadèmia aranesa dera lengua occitana.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Comeza un novo curso en liña de iniciación á lingua e á cultura occitanas
O novo curso básico en liña de iniciación á lingua e á cultura occitanas ten unha duración de trinta horas nas que se combinarán sesións por videoconferencia e o apoio a través dunha aula virtual.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Un volume recompila as dúbidas máis frecuentes do catalán resoltas polo servizo Optimot
O libro 101 dubtes del català resolts per l’Optimot foi elaborado a partir das fichas do servizo de consultas lingüísticas Optimot e ten como obxectivo axudar a resolver as dúbidas máis frecuentes de ortografía, morfoloxía, sintaxe e léxico do catalán.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha nova publicación fomentará o coñecemento do catalán e o romaní
A Generalitat de Cataluña publicou un vocabulario catalán-romaní ilustrado que ten como obxectivo promover o coñecemento de ambas as linguas, así como fomentar o recoñecemento e o respecto pola cultura xitana.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha nova aplicación facilita a participación na detección de novos termos en catalán

O Centro de Terminoloxía Termcat ofrece a posibilidade de facerlle chegar propostas de novos termos a través dunha aplicación específica que consta dun cuestionario guiado para que a persoa usuaria poida ofrecer toda a información dispoñible sobre o termo.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín