Cataluña
Dez plans Ofercat fomentarán o uso do catalán en 4525 establecementos comerciais de Cataluña

A directora xeral de Política Lingüística deu a coñecer os resultados das análises sobre a situación lingüística do comercio en localidades estudadas en 2019 e as liñas xerais dos plans locais que se presentarán progresivamente nas vindeiras semanas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Nace unha nova plataforma dixital de difusión cultural en lingua de signos catalá

A Asociación de Persoas Xordas de Vic e Comarca puxo en marcha, co apoio da Generalitat de Cataluña, Espiell, unha plataforma dixital con contidos culturais para fomentar a lingua de signos catalá, que inclúe tamén a opción de subtítulos en catalán, castelán e inglés.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Ponse en marcha en Cataluña un servizo de asesoramento lingüístico para empresas e asociacións empresariais

O Consorcio para a Normalización Lingüística pon a disposición de empresas e asociacións empresariais un servizo de asesoramento para facilitarlles recursos que melloren a calidade lingüística en catalán e a comunicación nas redes sociais.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A canle 33 estrea Clipping, un programa que aposta polos vídeos musicais en catalán
Cada ano prodúcense arredor dun milleiro de vídeos musicais en catalán. Para darlles visibilidade nace na canle 33 o programa Clipping, que ofrecerá cada sábado unha selección de videoclips que mostren a actualidade musical e audiovisual de Cataluña.
Fonte: El Periódico
As horas lectivas en catalán nos estudos de Dereito non alcanzan o 50 %

Segundo a Plataforma per la Llengua, o emprego do catalán nas horas lectivas dos estudos de Dereito nas universidades non chega nin ao 50 %, tanto nos estudos de grao como de mestrado, unha situación que repercute no sistema xudicial.
Fonte: Plataforma per la Llengua
As materias en catalán aumentaron un 18,6 % nas universidades públicas de Cataluña no curso 2018-19

No curso 2018-19, as materias en catalán nas universidades públicas de Cataluña alcanzaron as 19 128, o que significa un incremento do 18,6 % con respecto ao curso 2014-15, cando foron 16 122.
Fonte: La Vanguardia
Comeza a proba piloto dun novo proxecto de parellas lingüísticas en lingua de signos catalá

A proba piloto do proxecto de parellas lingüísticas en lingua de signos catalá busca que as persoas participantes melloren e practiquen esta lingua e coñezan a comunidade e a cultura xordas. Formaranse cinco parellas que terán encontros semanais para signar que se estenderán ata finais do mes de decembro.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Preséntanse novos libros de lectura fácil en catalán e en aranés
A Dirección Xeral de Política Lingüística presentou, nun acto en liña que se retransmitiu por YouTube, cinco novos libros de lectura fácil, catro en catalán e, por primeira vez, un en aranés.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Comezan en Cataluña as novas edicións dos cursos de acollemento lingüístico para o persoal sanitario residente
Os cursos de catalán para persoal sanitario residente teñen vinte horas de duración e buscan ofrecerlles ás persoas asistentes unha primeira aproximación a esta lingua, que lles permita adquirir habilidades de comprensión e de produción oral básicas para empregar en situacións cotiás no ámbito da saúde.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Por primeira vez pódense ver filmes subtitulados en catalán no Terra Gollut Film Festival
O Terra Gollut Film Festival, que se celebra entre o 9 e o 31 de outubro, terá dous formatos, con sesións en liña e presenciais. Por primeira vez no certame, exhibiranse filmes en versión orixinal subtitulados en catalán, un total de oito, grazas á colaboración da Dirección Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín