Cataluña

Unha serie televisiva difundirá o uso correcto da lingua aranesa

LleidaTV e o Consello Xeral de Arán están colaborando na serie de humor en aranés Èm çò qu’èm que nace co obxectivo de difundir o uso correcto desta lingua.

Fonte: Segre Premium

Cataluña

O TERMCAT actualiza o seu dicionario sobre paxaros do mundo

O TERMCAT acaba de actualizar o seu Diccionari dels ocells del món con 745 novas denominacións catalás de paxaros do mundo. Esta obra lexicográfica está elaborada pola Fundación Barcelona Zoo, o Instituto Catalán de Ornitoloxía e o TERMCAT.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O TERMCAT actualiza o seu dicionario en liña sobre termos do coronavirus

A última actualización do dicionario en liña Termes del coronavirus do TERMCAT inclúe agora as acepcións en occitano (variente aranesa) grazas á colaboración do Instituto de Estudos Araneses, a Dirección Xeral de Política Lingüística e o Departamento de Saúde da Generalitat de Cataluña.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Créase un premio de ensaio para promover a difusión do xénero en lingua catalá

A Universidade de Vic - Universidade Central de Cataluña (UVic-UCC, polas súas siglas en catalán) e Eumo Editorial crearon o Premio de Ensaio Ricard Torrents Bertrana para promover a difusión deste xénero en lingua catalá. O galardón está dotado con 5000 euros.

Fonte: El Punt Avui

Cataluña

Actualízase a gramática esencial da lingua catalá

O Instituto de Estudos Cataláns (IEC, polas súas siglas en catalán) actualizou a Gramàtica essencial de la llengua catalana incorporando arquivos de son correspondentes ás diferentes variedades do catalán.

Fonte: Europapress

Cataluña

A Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña crea o programa "Camins del català"

"Camins del català" é un conxunto de roteiros para coñecer e amar a lingua catalá en diferentes puntos do seu amplo territorio lingüístico. Trátase dunha iniciativa da Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña.

Fonte: VilaWeb

Cataluña

A Generalitat de Cataluña crea unha miniserie para aprender catalán

A Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña creou unha miniserie de 21 vídeos para aprender catalán do curso oral Ep! Escolta i parla.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Segundo unha enquisa, en Cataluña existe un elevado consenso sobre a unidade da lingua catalá

A enquisa sobre os usos lingüísticos da poboación de 2018 conclúe que o 70,6 % da poboación está totalmente ou bastante de acordo con que o que se fala nas illas Baleares, a Comunidade Valenciana, Andorra e Cataluña son xeitos diferentes de falar a mesma lingua.  

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

A Generalitat de Cataluña convoca axudas para fomentar o catalán, o aranés e a lingua de signos catalá

A Generalitat convoca este ano oito liñas de axudas, ás que destinará 3,66 millóns de euros, para o fomento do catalán, cunha partida de ata 1 700 000 € para subtítulos e dobraxe; o impulso do aranés, para o que irán 70 000 €;  e a difusión e a promoción da lingua de signos catalá, á que se dedicarán outros 45 000.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O Departamento de Cultura abre unha nova liña de apoio aos subtítulos en catalán

Esta  nova liña de apoio aos subtítulos en catalán está dotada con 140 000 euros, para festivais e mostras de cine en Cataluña. Subvencionaranse tanto a tradución como a corrección, a inserción, a sincronización e as subtitulacións electrónicas.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder