Cataluña

A Generatitat de Cataluña impulsará o uso do catalán no eido dos youtubers, instagramers e influencers nas redes sociais

O Departamento de Cultura publicou o estudo El treball Català, youtubers i instagramers. Un punt de partida per promoure l’ús de la llengua, no que analiza o uso do catalán nos contidos xerados polas estrelas do mundo dixital dirixidos a adolescentes e xente nova e no que se propoñen iniciativas para a promoción desta lingua neste ámbito.  

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Cúmprense dez anos da entrada en vigor da Lei da lingua de signos catalá

A Generalitat de Cataluña conmemora os dez anos da publicación e entrada en vigor da Lei 17/2010, do 3 de xuño, da lingua de signos catalá (LSC), na que se prevén aspectos como a planificación lingüística, a autoridade lingüística ou un consello social específico.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Nace Fibracat TV, unha nova canle en catalán

Fibracat TV, a nova canle privada de TDT en catalán, comezará as súas emisións o vindeiro 15 de xuño. Nace cun dobre obxectivo: achegar a tecnoloxía ao público e dar visibilidade ás mulleres que se dedican a este ámbito.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Un grupo de estudantes cataláns de galego inicia unha campaña para que o Celga se poida acreditar fóra de Galicia

Co cancelo #Querémolo, alumnado catalán de galego puxo en marcha unha iniciativa para reivindicar a posibilidade de acreditar o Certificado de Estudos de Lingua Galega (Celga) fóra de Galicia.

Fonte: Galicia Confidencial

Cataluña

O Consorcio para a Normalización Lingüística asina 25 acordos de colaboración para fomentar o catalán

Estes 25 acordos asinados desde o mes de xaneiro con diferentes entidades e asociacións de toda Cataluña teñen como obxectivo potenciar a aprendizaxe e o uso do catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Publícase un dicionario de termos do ioga en catalán

O Termcat publicou en liña un dicionario terminolóxico sobre o ioga, que recolle 110 palabras que fan referencia a conceptos relacionados con esta disciplina. A obra vai acompañada dun póster interactivo coas posturas e un documento cos criterios xerais para a adaptación a esta lingua dos termos procedentes do sánscrito.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Un informe demanda máis presenza de contidos en catalán en Netflix

O Consello do Audiovisual de Cataluña publicou un informe no que constata a escasa presenza do catalán en Netflix, posto que esta lingua só se inclúe nun 0,5 % do catálogo da plataforma.

Fonte: Generalitat de Catalunya

 

Cataluña

Disney+ incorpora o catalán entre as súas opcións de idiomas e subtítulos

Disney+ comprometérase a reflectir a diversidade lingüística de España e, froito deste compromiso, incorporará o catalán entre as opcións de idiomas e subtítulos das súas películas e series.

Fonte: Fotogramas

Cataluña

Segundo unha enquisa, un 77,6 % da poboación de Cataluña quere dobraxe en catalán nas plataformas dixitais

A Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña realizou no mes de abril unha enquisa a 1607 persoas representativas da poboación para preguntarlles en que lingua lles gustaría ver dobradas as películas e as series emitidas en plataformas dixitais como Netflix, Amazon Prime Video ou Movistar+.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O festival DocsBarcelona de 2020 ofrece un total de 21 longametraxes en versión orixinal con subtítulos en catalán

O Festival Internacional de Cinema Documental de Barcelona, DocsBarcelona, celebra a 23a edición en liña a través da plataforma de cinema FilminCAT entre os días 19 e 31 de maio. Este ano ofrecerá 21 longametraxes en versión orixinal subtitulada en catalán co apoio da Dirección Xeral de Política Lingüística.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder