Cataluña

O Goberno de Cataluña asinará un convenio co colexio de avogados para impulsar o uso do catalán na Xustiza

Mediante o convenio asinado entre a Generalitat e o Consello dos Ilustres Colexios de Avogados de Cataluña (CICAC) preténdese fomentar o uso do catalán na xustiza gratuíta e garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía que precise atención nun proceso xudicial.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Disney+ incorpora o catalán ás súas opcións de idioma

Desde o 25 de decembro, coincidindo coa estrea do filme Soul, o catalán está dispoñible nas opcións de idioma de Disney+, no marco da colaboración entre esta plataforma e a Generalitat de Cataluña para impulsar a oferta e o consumo de contidos audiovisuais nesta lingua.

Fonte: Vertele!

Cataluña

O Parlamento de Cataluña avala o sistema educativo de inmersión lingüística

O Pleno do Parlamento de Cataluña rexeitou unha moción en contra do sistema educativo de inmersión lingüística, unha votación que se produce despois da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) que obriga a garantir que todo o alumnado reciba un mínimo do 25 % de clases en castelán como lingua vehicular.

Fonte: El Diario

Cataluña

A Generalitat de Cataluña impulsa unha nova campaña para fomentar o uso do catalán nas redes sociais entre a mocidade

Co lema “A la xarxa, peta-ho en català” e o cancelo para a súa difusión #JoHoPetoEnCat, nace unha campaña de sensibilización para promover o uso do catalán entre a xente nova que crea contidos nas redes sociais como YouTube, Instagram, TikTok....

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Cataluña impulsa o uso do catalán nas redes sociais entre as grandes marcas

Dende o ano 2017 a Generalitat de Cataluña vén organizando accións de sensibilización sobre o uso do catalán en 406 marcas líder de 38 sectores empresariais diferentes, ás que lles solicita que empreguen esta lingua nas súas redes sociais, xa que se trata de canles de comunicación de especial relevancia nos últimos tempos.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Cataluña lanza unha campaña para promover o catalán no ámbito empresarial e comercial

Co lema ‘Català i empresa’ o Departamento de Cultura iniciou unha campaña de sensibilización dirixida a grandes marcas, emprendedores e establecementos comerciais que se difundirá a través das redes sociais co cancelo #CatalàiEmpresa.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Só o 51 % dos videoxogos creados en estudios de Cataluña está en catalán

Apenas a metade dos videoxogos creados por estudios de Cataluña están dispoñibles en catalán e do total de videoxogos existentes, só un 5,5 % está nesta lingua. Isto a pesar de que a Generalitat impulsa o seu uso, con subvencións e outras iniciativas, e das accións do activismo lingüístico.

Fonte: El Periódico

Cataluña

Preséntase Aina, unha iniciativa que nace para darlle presenza ao catalán no ámbito dixital

O Goberno de Cataluña acaba de poñer en marcha o proxecto Aina para crear un corpus lingüístico e modelos informáticos que permitan que o catalán se converta nunha lingua competitiva no mundo dixital. Búscase así que as empresas que desenvolven aplicacións baseadas na intelixencia artificial poidan empregalo ao mesmo nivel que outros idiomas como o inglés ou o castelán.

Fonte: La  Vanguardia

Cataluña

Dez palabras relacionadas coa pandemia convértense en candidatas do ano a neoloxismo en catalán

A sétima edición da elección do neoloxismo catalán do ano ten xa dez palabras candidatas, todas relacionadas coa situación derivada da covid-19: conspiranoic, coronavirus, desconfinament, desescalada, grup bombolla, infodèmia, mascareta, teletreballar, traçabilitat e videotrucada. A gañadora optará a formar parte do dicionario normativo do Instituto de Estudos Cataláns.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Preséntanse os resultados do estudo Ofercat en Rubí que analiza o uso do catalán no sector do comercio

Os resultados do estudo Ofercat en Rubí mostran que só un 37 % de comerciantes se dirixe de entrada ao público en catalán, mentres que un 57 % afirma que o fala cando o cliente se dirixe ao comercio nesta lingua.  

Fonte: El Periódico

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder