Cataluña

O Goberno catalán organiza unha sesión dedicada ás políticas de impulso do occitano en Cataluña

Esta sesión, impulsada pola Dirección Xeral de Política Lingüística coa colaboración do Instituto de Estudos Araneses e doutras entidades que traballan a prol desta lingua, tratou as políticas e as diferentes iniciativas de fomento do occitano en Cataluña.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A metade dos estudantes de catalán son latinoamericanos

Nos últimos tres anos sumáronse 280.000 persoas aos cursos do Consorci de Normalització Lingüística de Cataluña (CNL), cun incremento do 43% de alumnado. En 2008 apuntáronse 111.335 alumnos, o que significa un 22% máis con respecto ao ano anterior. Os maiores incrementos rexístranse nos niveis iniciais e básicos da lingua, que alcanzaron os 68.243 inscritos o año pasado (un 27% máis que en 2007). O colectivo latinoamericano é o máis numeroso entre o alumnado de catalán: nos niveis iniciais supera o 50% da matrícula.

Fonte: Tribuna Latina

Cataluña

Cataluña conta cunha nova asociación de tradutores e intérpretes

Desde o 1 de xaneiro, Cataluña conta cunha nova asociación de tradutores e intérpretes, a Asociación Profesional de Tradutores e Intérpretes de Cataluña (APTIC), que ten por obxectivo velar polos intereses do gremio principalmente no territorio catalán. A asociación nace da fusión de dúas asociacións xa existentes anteriormente, ATIC e TRIAC, co cal aglutina máis de 500 profesionais asociados.

Fonte: Linguamón

Cataluña

A Comisión Europea defende as clases de Erasmus en catalán

A Comisión Europea defende que as universidades catalás impartan as clases aos estudantes estranxeiros de Erasmus en catalán. O comisario de Educación, Formación, Cultura e Xuventude Ján Figel, reclamou a España que "preserve e promova o seu multilingüismo" en vez de estar "á defensiva" e en lugar de "simplificar e buscar unha lingua franca".

Fonte: El Periódico de Cataluña

Cataluña

Ciutadans reclama en Barcelona unha escola bilingüe

Ciutadans-Partido de la Ciudadanía reuniu a varios centenares de persoas para esixir a dimisión do presidente da Generalitat, José Montilla, por non facer cumprir a sentenza do Tribunal Supremo que obriga a preguntar aos pais en que lingua queren que se escolarice os seus fillos.

Fonte: El País

Cataluña

O Instituto Cervantes e a Generalitat de Cataluña colaborarán na difusión da lingua e a cultura catalás no exterior

A directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel, e o presidente da Generalitat de Cataluña, José Montilla, reuníronse en Barcelona para estudar novas vías de colaboración entre ambas as institucións para promover a lingua e a cultura catalás fóra de España.

Fonte: Diario del Henares

Cataluña

Europa Press lanza un portal de noticias integramente en catalán, o www.europapress.cat

Europa Press de Catalunya inicia a transmisión dun portal de noticias integramente en catalán (www.europapress.cat), que ofrecerá en aberto as principais informacións da actualidade diaria, non só catalá, senón tamén estatal e internacional.

Fonte: Europa Press

Cataluña

O occitano disporá dunha lei de política lingüística para normalizar o idioma

A Oficina Occitan en Cataluña terá dúas sedes: unha no Val de Arán –que será a central– e outra en Barcelona. Actualmente, o programa para a creación da oficina traballa en seis ámbitos. O primeiro baséase no aspecto de corte xurídico e, especialmente, na elaboración da Lei do occitano.

Fonte: La Mañana

Cataluña

A campaña 'Contaxia o catalán' quere que os falantes de catalán non pasen ao castelán á primeira de cambio

A Generalitat de Catalunya presentou a súa nova campaña para a normalización lingüística do catalán, "Contaxia o catalán" ("Encomana el català"), que centra o seu obxectivo en modificar os hábitos dos falantes de catalán que cambian de idioma para comunicarse en sociedade.

Fonte: Avui

Cataluña

A Generalitat de Catalunya defende o sistema de inmersión lingüística como "garantía de cohesión social"

O secretario de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, Bernat Joan, manifestou que "o sistema de inmersión lingüística é garantía de cohesión social", segundo informou o Executivo rexional.

Fonte: EcoDiario

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder