Cataluña
O Tribunal Constitucional mantén en suspenso a lei autonómica do aranés
O Tribunal Constitucional decidiu manter en suspenso a lei autonómica do aranés, que pretende establecer como ‘preferente’ a lingua aranesa no Val de Aran (Lleida) aínda que na comarca existen tres linguas oficiais en igualdade de condicións.
Fonte: La Voz de Barcelona
A Generalitat de Catalunya insta os médicos a que falen en catalán
A Generalitat insta a todos os empregados da sanidade pública a falar en catalán durante a súa xornada laboral. Os servizos territoriais de saúde de Tarragona distribuíron un protocolo de 12 páxinas que obriga a todos os facultativos a falar entre eles nesta lingua e a dirixirse tamén en catalán aos pacientes.
Fonte: El País
O Goberno catalán ve compatibles a inmersión e que o español sexa lingua vehicular en Cataluña
O portavoz do Goberno catalán, Francesc Homs, asegurou que non hai contradición en recoñecer que o castelán tamén é lingua vehicular en Cataluña e manter a inmersión lingüística nas escolas.
Fonte: ABC
A Generalitat de Catalunya crea unha tarxeta sanitaria en braille para persoas cegas

A Consellería de Saúde da Generalitat anunciou a creación dunha tarxeta sanitaria en braille pensada para persoas cegas, unha iniciativa que arranca cunha proba piloto que se prolongará durante o mes de febreiro.
Fonte: La Información
Os ordenadores Mac xa teñen o sistema operativo en catalán
Apple liberou unha actualización do seu sistema operativo para ordenadores Mac OS X Lion, que permite utilizar o programa en catalán.
Fonte: El Periódico
Centos de manifestantes esixen en Barcelona que o catalán sexa a única lingua vehicular nas escolas
Centos de manifestantes asistiron á concentración organizada pola Asociación Escola en Catalán para esixir que o catalán sexa a única lingua vehicular nas escolas de Cataluña.
Fonte: La Vanguardia
Unha asociación educativa promoverá a “insubmisión lingüística” ante o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña
A asociación Escola en Catalán anunciou que promoverá unha campaña de “insubmisión lingüística” fronte á interlocutoria do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) que prevía que o castelán fose tamén lingua vehicular no ensino.
Fonte: ABC
A Generalitat de Catalunya impuxo máis de 200 multas a comercios por non rotular en catalán
A Generalitat de Catalunya impuxo durante o ano 2011 un total de 226 sancións a comercios ou empresas por incumprir a obriga de rotular ou etiquetar os seus produtos “como mínimo” en lingua catalá, de acordo co Código de Consumo e a Lei de normalización lingüística.
Fonte: e-noticies
A Generalitat de Catalunya quere darlle prioridade ao catalán nos trens de proximidades
A Generalitat de Catalunya obrigará a operadora do servizo de trens rexionais e de proximidade a mellorar os indicadores de calidade “garantindo o uso prioritario do catalán na relación cos viaxeiros”, entre outras medidas.
Fonte: E-noticies
A Corporación Catalá de Medios Audiovisuais destinará 32 millóns de euros a dobrar películas ao catalán
A Corporación Catalá de Medios Audiovisuais destinará 150 000 euros á “contratación do servizo de impresión da súa papelería corporativa” e 32 millóns a dobrar películas ao catalán.
Fonte: El Periodista Digital
Boletín
Subscríbase ao boletín