Cataluña

As axencias de viaxe catalás relacionan o uso do catalán coa mellora da atención ao cliente

As axencias de viaxe catalás consideran que o uso do catalán é vantaxoso para mellorar a atención ao cliente e para dar unha boa imaxe da empresa. Estes datos despréndense do estudo “Os usos lingüísticos nas axencias de viaxes” impulsado pola Dirección Xeral de Política Lingüística (DGPL), coa colaboración da Asociación Catalá de Axencias de Viaxes Especializados (ACAVe) e a Confederación de Comercio de Cataluña (CCC).

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Case a metade dos alumnos cataláns remata a ESO sen saber escribir en inglés

O 44,6 % dos alumnos de Cataluña acaba a ESO sen apenas saber escribir en inglés. Así se recolle na última avaliación externa que fai a Generalitat para coñecer a evolución do alumnado de 4º da ESO e o funcionamento de sistema.

Fonte: Te Interesa

Cataluña

Nace iQuiosc, a primeira plataforma dixital da prensa en catalán

A prensa en lingua catalá dispón xa da súa primeira plataforma dixital de difusión coa posta en marcha de iQuiosc.cat. O lector pode consultar máis de 150 publicacións, ás que se incorporarán outros diarios, xornais comarcais e revistas ata acadar «medio milleiro» de cabeceiras, segundo Lluís Gendrau, presidente da Asociación de Publicacións Periódicas en Catalán.

Fonte: El Periódico

Cataluña

Organízanse actividades de lingua e cultura catalás en Tarragona por San Jordi

O Departamento de Cultura organizou diversos actos en Tarragona con motivo da celebración de San Jordi. Entre as actividades, hainas destinadas á cidadanía en xeral, aos nenos e tamén ás persoas que se atopan e hospitais e residencias.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

A nova canle de televisión en catalán, El Punt Avui, estrea emisións

A nova canle de televisión, El Punt Avui TV, comezou as súas emisións regulares. A canle televisiva actualmente cobre o 50 % do territorio xeográfico, pero se pode ver no 80 % do país e no futuro incrementará a cobertura.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

A Universidade de Barcelona elimina dos seus estudos as linguas minoritarias

Os novos estudantes que entren na Universidade de Barcelona o próximo curso non poderán escoller certas combinacións, dado que se decidiu limitar a oferta a catro idiomas maioritarios europeos e un en clara expansión: inglés, alemán, español, francés e ruso. Da oferta caen o italiano e o portugués, entre outros. Isto afecta tanto á carreira de Lingüística, como á de Linguas e Literaturas Modernas.

Fonte: El País

Cataluña

A xustiza catalá avala a cota do 25 % de castelán en escolas se un alumno o pide

O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) ratificou que o castelán debe ser o idioma vehicular nas escolas catalás nunha cota do 25 % se un alumno o pide, sen que sexa suficiente o ensino individualizado ao estudante nesa lingua.

Fonte: Heraldo de Aragón

Cataluña

O Departamento de Cultura de Cataluña recolle en liña máis de 100 000 noticias e artigos sobre a lingua

O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña ofrece, a través da base de datos da prensa da Dirección Xeral de Política Lingüística, a consulta en liña de 100 000 noticias e artigos xornalísticos sobre a lingua catalá publicados en medios impresos e dixitais desde o ano 2000 á actualidade.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

A Fundación puntCAT premia as mellores webs en catalán deseñadas por estudantes

A Fundación puntCAT, a entidade privada que xestiona o dominio .cat, entregou os galardóns da cuarta edición de Webs al punt .cat, un concurso que invita aos estudantes de territorios de fala catalá de ESO, Bacharelato e Ciclos formativos de grao medio ou superior a deseñar un sitio web propio en catalán dentro do seu ámbito académico.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

A Corporación Catalá de Medios Audiovisuais estrea un directorio de medios audiovisuais en catalán

A Corporación de Medios Audiovisuais estrea na súa web o espazo “Bom dia”, que permite acceder a unha ampla oferta de contidos audiovisuais dos diferentes territorios de fala catalá que están dispoñibles en liña.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder