Cataluña
A Fundación Didáctica Cataluña reforza a inmersión lingüística durante o verán en Mataró
Ao redor duns setenta alumnos chegados recentemente a dúas escolas de Mataró acoden durante este verán a clases de reforzo de lingua catalá e lingua castelá, grazas á Fundación Didáctica Cataluña. O propósito das clases é facilitar a integración do alumnado e que non esquezan os conceptos aprendidos durante o curso escolar.
Fonte: El Periódico
Unha tese de doutoramento sinala a necesidade de mellorar a ensinanza escrita de catalán para as persoas adultas xordas
Natalia Pérez Aguado defendeu a súa tese de doutoramento "A alfabetización de adultos xordos en Cataluña: estratexias da mestra xorda", que dirixiu a catedrática da Universidade de Barcelona Pilar Fernández Viader. A tese manifesta a necesidade de mellorar a ensinanza escrita do catalán para as persoas adultas xordas, que amosan unha taxa de analfabetismo por riba do 80%.
Fonte: elEconomista.es
O Goberno de Cataluña dedicará o ano 2018 á figura do gramático Pompeu Fabra
O Goberno de Cataluña acordou as conmemoracións oficiais do ano 2018, onde salienta o festexo do 150 aniversario do nacemento de Pompeu Fabra e dos 100 anos da publicación da Gramática catalá normativa. Deste xeito, durante o ano levaranse a cabo varias actividades para recoñecer o labor do gramático.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Consorcio para a Normalización Lingüística de Cataluña ofrece novos cursos para promover o uso do catalán
Durante o mes de setembro de 2017, o Consorcio para a Normalización Lingüística de Cataluña ofrecerá cursos para promover o uso e a aprendizaxe do catalán. Estes cursos abranguerán todos os niveis, desde o inicial ata o superior.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O Departamento de Cultura de Cataluña apoia 24 proxectos dixitais en lingua catalá
A Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura de Cataluña deu apoio no 2017 a 24 proxectos de empresas que incluíron o catalán nos seus servizos e produtos de tecnoloxía.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Os libros en catalán xa ocupan unha cuarta parte do mercado en Cataluña
Segundo datos da Asociación de Editores en Lingua Catalá, o mercado do libro en catalán acadou unha cota de mercado do 25,4 % nas librarías de Cataluña, sen ter en conta o libro de texto escolar.
Fonte: El Periódico
Convócanse as axudas Interlingua para fomentar as linguas no ámbito universitario de Cataluña
A Dirección Xeral de Universidades do Departamento de Empresa e Coñecemento, xunto coa Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña, convocou as axudas Interlingua para fomentar o uso das linguas no eido universitario, especialmente do catalán, do occitano e da lingua de signos catalá.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Ábrese o prazo de inscrición para o curso de lingua de signos catalá para docentes
A Universidade Pompeu Fabra comeza o novo curso de lingua de signos catalá para docentes do ano académico 2017-2018, que terá lugar na Facultade de Tradución e Ciencias da Linguaxe. As persoas interesadas aínda poden inscribirse.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Estréase o primeiro dicionario sonoro de catalán oral
O Dicionario de dúbidas do catalán oral é o primeiro dicionario sonoro destas características, unha ferramenta que inclúe indicacións de pronunciación dos diferentes acentos do catalán, como o mallorquino ou o valenciano.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Comeza a emisión duns programas televisivos para promover o catalán e o occitano mediante a música
Xa comezou a emisión dos programas televisivos do proxecto Kastanya.cat, que busca impulsar o uso do catalán e o occitano a través da música. Os programas pódense ver en Lleida TV e na páxina web desta canle.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín