Cataluña
Política Lingüística lanza unha nova liña de axudas para impulsar a lingua de signos catalá
Esta nova liña de axudas convocada pola Dirección Xeral de Política Lingüística está dirixida a proxectos de fomento e difusión da lingua de signos catalá e conta cunha dotación económica de 40 000 euros.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Apple non utilizará no asistente virtual Siri o idioma catalán
Os usuarios de Apple critican a compañía polo feito de que non quere incorporar no asistente virtual Siri o idioma catalán, despois de que así llo solicitase a Plataforma per la Llengua.
Fonte: Mundiario
Danse a coñecer os gañadores do concurso de creación de xogos en catalán
A cuarta edición do Concurso Tísner de Creación de Xogos en Catalán xa ten gañadores. Trátase dun certame que pretende impulsar a implicación de docentes e alumnado na creación e desenvolvemento de xogos inéditos que fomenten o interese por esta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Universidade Pompeu Fabra edita en catalán o primeiro dicionario de medicina infantil
O Colexio Oficial de Médicos de Xirona apoiou a UPF na publicación do dicionario de medicina infantil en lingua catalá, o cal contén ilustracións e definicións feitas polos alumnos nas que falan da saúde e as enfermidades.
Fonte: La Vanguardia
A Generalitat de Catalunya dará a coñecer as accións de fomento do occitano para este ano
A Dirección Xeral de Política Lingüística exporá nun coloquio que se celebrará o 26 de xuño as accións de fomento do occitano en Cataluña desenvolvidas en 2017 e as que están en curso este ano.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Segundo un informe, Cataluña perdeu 300 000 falantes habituais de catalán en menos en 10 anos
Segundo o InformeCAT 2018, o catalán perdeu 300 000 falantes en Cataluña nos últimos dez anos. Como dato positivo sinala que se incrementou nun 5% a cifra de persoas novas que o ten como lingua habitual.
Fonte: La Vanguardia
O Voluntariado pola Lingua cumpre quince anos en Cataluña
O Voluntariado pola Lingua, impulsado desde a Generalitat de Cataluña, formou nestes quince anos máis de 125 000 parellas lingüísticas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Boletín
Subscríbase ao boletín