Cataluña

O Goberno español estuda a posibilidade de que os pais poidan escoller o castelán como lingua vehicular na escola catalá

O sindicato de profesores AMES e Sociedade Civil Catalá (SCC) solicitaron que o próximo curso escolar os pais e nais teñan a opción de elixir o castelán como lingua vehicular da educación dos seus fillos/as. Esta posibilidade está a ser estudada polo Goberno.

Fonte: 20 minutos

Cataluña

Respon.cat impulsa unha iniciativa para que a responsabilidade lingüística forme parte das políticas de RSE das empresas

A asociación Respon.cat puxo en marcha un proxecto co que pretende que o tecido empresarial de Cataluña inclúa a responsabilidade lingüística nas prácticas de RSE.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Generalitat de Cataluña subvenciona a tradución á lingua catalá de máis de 150 obras

Unhas 159 obras publicadas por 42 editoriais no 2017 foron traducidas ao catalán grazas ao apoio da Generalitat de Cataluña, a través dunha nova liña de axudas dirixidas exclusivamente á súa tradución. As obras poden ser consultadas e solicitarse en préstamo no Portal da Lingua Catalá.

Fonte: GenCat

Cataluña

Menos da metade dos produtos alimentarios dos supermercados de Cataluña presenta a etiquetaxe en lingua catalá

Un estudo recente da Plataforma pola Lingua de Cataluña confirma que soamente 4 de cada 10 produtos de marca propia dos supermercados ofrecen a súa etiquetaxe en catalán. De feito, o 40 % dos produtos alimentarios presenta a etiquetaxe nesta lingua, porcentaxe que baixa a case o 30 % no caso de produtos non alimentarios.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O interese por aprender galego medra en Cataluña

Nos últimos tempos, obsérvase en Cataluña un maior interese por aprender lingua galega por parte de descendentes de galegos pero tamén de cataláns con curiosidade por este idioma. Por este motivo, unha cooperativa catalá imparte clases de galego en Barcelona para paliar a falta de oferta para estudalo.

Fonte: Galicia Confidencial

Cataluña

Unha macroenquisa estudará a realidade lingüística de Cataluña

A Dirección Xeral de Política Lingüística e o Instituto de Estatística de Cataluña comezan esta semana un macroestudo de usos lingüísticos no ano 2018, que se estenderá ata o mes de setembro tras enquisar unha mostra de 9000 persoas maiores de 14 anos.

Fonte: GenCat

Cataluña

Sancionan un mosso d’esquadra por non usar sempre o formulario de atestado en catalán

O axente podería recibir unha sanción de 16 días de suspensión de emprego e soldo por opoñerse a utilizar sempre o formulario dos atestados en catalán.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

A escola catalá maniféstase en Barcelona en defensa da inmersión lingüística

Preto de 8000 persoas saíron o pasado 17 de marzo de 2018 á rúa para manifestarse en defensa do modelo de inmersión lingüística da escola catalá e en contra de que o castelán se converta en lingua vehicular.

Fonte: EFE

Cataluña

As normas de preinscrición e matrícula escolar de Cataluña para o vindeiro curso non inclúen a opción lingüística

O Goberno de Cataluña fixo pública a resolución sobre as normas de preinscrición e matrícula nas escolas catalás para o próximo curso, na que non se atopa incluída a posibilidade de escoller o castelán como lingua vehicular.

Fonte: 20 Minutos

Cataluña

Convócanse os Premios Peme á Calidade Lingüística 2018 para recoñecer o uso da lingua catalá no ámbito empresarial

Ábrese unha nova edición dos Premios Peme á Calidade Lingüística, que teñen como obxectivo galardoar as pemes que usan a lingua catalá coma ferramenta de integración na empresa. O prazo de presentación de candidaturas estenderase ata o 18 de maio de 2018.

Fonte: GenCat

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder