Comunidade Valenciana
Nace unha fronte lingüística contra a discriminación pública do valenciano
A plataforma "Sí al valencià", integrada por cen colectivos, esíxelles ás Cortes valencianas que inclúan o dominio da lingua para traballar na Administración. Todos os sindicatos e os partidos, agás o PP, adhírense á iniciativa.
Fonte: Levante
O Consell asina protocolos de coordinación de actuacións en materia de normalización do valenciano
O Consell aprobou protocolos de colaboración entre a Consellería de Educación, a Academia Valenciana da Lingua e os concellos de Carlet, Manises e Massamagell (Valencia) para a coordinación das actuacións en materia de normalización do valenciano.
Fonte: Europa Press
A Generalitat Valenciana esíxelle ao Goberno central que recoñeza o valenciano nas traducións do Tratado de Lisboa
O vicepresidente primeiro da Generalitat Valenciana, Vicente Rambla, esixiulle ao Goberno central que recoñeza o valenciano que defende o Estatuto de Autonomía desta comunidade, tras coñecer que o Executivo estatal "está traducindo o Tratado de Lisboa ás linguas cooficiais obviando unha vez máis a existencia do valenciano".
Fuente: Europa Press
O sindicato Stepv anima os pais a matricular os seus fillos en valenciano por ser "o único que garante" o bilingüismo
O Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino do País Valenciano (Stepv-Iv) animou os pais a matricular os seus fillos na opción de ensinanza en valenciano porque é "o único que garante o coñecemento das dúas linguas oficiais -da comunidade- en igualdade de condicións, un dos obxectivos da normativa educativa autonómica".
Fonte: 20minutos
A entidade Escola Valenciana presenta Softvalencià para poñer a disposición dos usuarios software libre en valenciano
Escola Valenciana e Softcatalà presentaron Softvalencià (http://www.softvalencia.org), unha iniciativa que conta co asesoramento da Academia Valenciana da Lingua (AVL) e os servizos lingüísticos das universidades públicas para poñer a disposición dos usuarios software libre en valenciano, segundo informou a entidade cívica nun comunicado.
Fonte: 20minutos
Ata 80.000 alumnos máis de infantil e primaria estudarían en valenciano se houbese oferta suficiente
Un 44 % dos centros da Comunidade Valenciana ofrecen este curso a posibilidade de estudar nos programas de ensino en valenciano, unha cifra que "non se corresponde" coas peticións reais. De feito, se a oferta se equipara á demanda, entre 60.000 e 80.000 alumnos máis de infantil e primaria poderían cursar os seus estudos nesta lingua, segundo as estimacións realizadas por Escola Valenciana.
Fonte: 20minutos
Escola Valenciana presenta a campaña de matriculación en catalán
Escola Valenciana presentou a campaña 'Matricula en Futur, Matricula en Valencià', que anima os pais a matricular os fillos en catalán e explica os beneficios educativos.
Fonte: Vilaweb
O catalán xa non será necesario para traballar en Canal 9
As bases da convocatoria de prácticas de dous anos no ente público sitúan a lingua propia como un mérito máis, á altura das linguas estranxeiras.
Fonte: Vieiros
Só 71 dos 542 concellos da Comunidade Valenciana contan con oficina de promoción do valenciano
Un total de 71 consistorios dos 542 existentes nas comarcas valencianas loita nas súas oficinas de promoción do valenciano con desigual éxito. O Consello da Generalitat Valenciana comprometeuse a impulsar oficinas en municipios de máis de 5.000 habitantes.
Fonte: Levante
Un total de dez institutos valencianos imparte un curso de lingua e cultura chinesa
Un total de dez centros de educación secundaria obrigatoria (ESO) da Comunidade Valenciana está participando nun programa experimental consistente en impartir un curso de lingua e cultura chinesas para os alumnos de 3º e 4º.
Fonte: 20 minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín