Comunidade Valenciana
A Academia Valenciana da Lingua promoverá o uso do valenciano a través de oficinas
Os obxectivos que se inclúen no protocolo son o impulso e a consolidación das estruturas de promoción do valenciano nas administracións públicas, mediante a realización de proxectos, estudos e actividades que promovan o coñecemento e o uso da lingua propia en todos os ámbitos sociais, a través dunha rede de oficinas de promoción.
Fonte: Levante
Só o 1,8 % dos alumnos cursa a carreira integramente en valenciano
Un informe elaborado por investigadores universitarios, en colaboración coa Academia Valenciana da Lingua, sobre 5.000 enquisas a alumnos, profesores e persoal de administración e servizos (PAS) revela que o 53,7 % dos alumnos recibe todas as clases en castelán, mentres que só un 1,8 % estuda integramente en valenciano.
Fonte: El País
O Síndic (Valedor do Pobo) pídelle a Sanidade que garanta o dereito a ser atendido en valenciano
O Síndic de Greuges, José Cholbi, recordoulle á Consellería de Sanidade da Comunidade Valenciana que ten o deber legal de garantir que, nos servizos públicos que dependen dela, as persoas que tratan co público teñen o suficiente coñecemento de valenciano como para atender con normalidade a súa responsabilidade.
Fonte: ABC
Os aspirantes a funcionarios na Comunidade Valenciana non terán que saber valenciano
Populares e socialistas aprobaron a nova Lei da función pública da Comunidade Valenciana, que non recolle a obrigatoriedade de acreditar os coñecementos de valenciano para optar a un posto na Administración autonómica.
Fonte: Las Provincias
Unha investigación científica relaciona o bilingüismo cunha mellor eficacia nas funcións executivas
O grupo de investigación de Neuropsicoloxía e Neuroimaxe Funcional da Universidade Jaume I de Castellón (UJI) describiu que as persoas bilingües son máis rápidas e eficientes en determinadas tarefas nas que se utilizan funcións executivas debido a unha diferente forma de control cerebral.
Fonte: El Mundo
O secretario de Política Lingüística da Xunta de Galicia presenta o novo marco educativo para o sistema non universitario galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou en Valencia o novo marco educativo no sistema non universitario de Galicia, o Decreto 79/2010. Fíxoo durante a I Xornada sobre Plurilingüismo na Comunidade Valenciana.
Fonte: Xunta de Galicia
A Generalitat Valenciana impulsa e fomenta o uso do valenciano nas institucións europeas
O secretario autonómico de Relacións co Estado e coa Unión Europea, Rafael Ripoll, subliñou “o esforzo do Consell en impulsar e fomentar o uso do valenciano dentro e fóra das nosas fronteiras, especialmente nas institucións europeas”.
Fonte: El Periòdic
A Consellería valenciana de Educación di que o modelo plurilingüe se revisará nun "futuro inmediato"
O conselleiro valenciano de Educación, Alejandro Font de Mora, asegurou que o seu departamento traballa para que no futuro sexan compatibles os intereses das ensinanzas en valenciano e en castelán.
Expertos en didáctica da lingua critican a implantación ´deficitaria´ do valenciano
A experta en didáctica da lingua do Departamento de Educación da Universidade Jaume I (UJI), Isabel Ríos, destacou a necesidade de aplicar a normativa do sistema educativo valenciano, "xa que é das mellores", aínda que a súa implantación é "bastante deficitaria", co fin de garantir a aprendizaxe bilingüista "real" de todos os escolares nas dúas linguas propias (valenciano-castelán) e a introdución "correcta" do inglés como terceira lingua.
Fonte: Levante-emv
A Consellería de Educación lanza novas guías de conversación de valenciano que se poderán descargar no móbil
As guías de conversación de valenciano e outro idioma como inglés ou francés xa se poden descargar no teléfono móbil, segundo anunciou o conselleiro de Educación, Alejandro Font de Mora.
Fonte: Qué!
Boletín
Subscríbase ao boletín