Comunidade Valenciana

Publícase unha nova versión do tradutor de valenciano Salt

O día 3 de maio, a Consellería de Educación da Generalitat Valenciana presentou unha nova versión do tradutor de valenciano Salt, ferramenta de software libre que permite traducir e corrixir textos e resolver dúbidas lingüísticas.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Instan a respectar o topónimo "València" nos sinais de tráfico

A Plataforma per la Llengua pediulles ao Síndic de Greuges (Valedor do Pobo na Comunidade Valencia) e ao Ministerio de Fomento que se respecte a denominación "València" nos sinais de estradas, autovías e autoestradas. Esta denominación é oficial dende a publicación do Decreto 16/2017.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

A Generalitat Valenciana organiza a II Feira dos Idiomas para promover a importancia da diversidade lingüística

A II Feira dos Idiomas terá lugar en Valencia os días 23, 24, 25 de maio e o seu obxectivo será a difusión da diversidade lingüística. Neste evento participarán un centenar de institucións que realizarán actividades lúdicas e talleres de dinamización lingüística.

Fonte: InformaValencia

Comunidade Valenciana

A Consellería de Educación e Cultura crea unha rede de oficinas para fomentar o uso do valenciano nos municipios

Dende a Generalitat a Consellería de Educación e Cultura pon en marcha unha norma para crear unha rede pública de servizos, mediante a cal se quere favorecer o uso do valenciano nos municipios. O obxectivo deste decreto será a regulación dos servizos xa existentes nas universidades e nas entidades locais.

Fonte: Levante

Comunidade Valenciana

O Concello de Elx e a Academia Valenciana da Lingua asinan un acordo para promover o valenciano

A Academia Valenciana da Lingua (AVL), xunto co Concello de Elx, quere fomentar o uso do valenciano. Para isto, o Concello nomeará as rúas en valenciano, incorporándoas á nomenclatura oficial, e enlazará a súa páxina web á da AVL.

Fonte: Radio Elche

Comunidade Valenciana

A Academia Valenciana da Lingua e a Deputación de Castelló impulsarán o valenciano nos municipios da provincia

A Academia Valenciana da Lingua e a Deputación de Castelló fomentarán o uso do valenciano coa divulgación de obras, figuras históricas e tradicións nos municipios da provincia.

Fonte: Mediterraneo

Comunidade Valenciana

A edición de libros en valenciano descende ata un 0,8% da produción total do Estado

Segundo o informe Panorámica da edición española do libro 2017, a Comunidade Valenciana é o territorio español onde menos se le en lingua propia.

Fonte: El Nacional

Comunidade Valenciana

O mercado municipal de Benicarló acolle unha exposición na que se defende o cine en valenciano

O obxectivo da exposición é fomentar que o público teña capacidade de elección para ver as películas en valenciano ou en castelán.

Fonte: El Periódico Mediterráneo

Comunidade Valenciana

A Consellería de Educación rexistra 23 184 matrículas para as probas de valenciano

A Xunta Cualificadora de Coñecementos de Valenciano (JQCV) rexistrou máis de 23 000 matrículas para unhas probas de valenciano que, por primeira vez, se adaptan ao Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECRL).

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

O Goberno da Comunidade Valenciana crea un organismo para o asesoramento en materia de política lingüística

Este novo órgano, que terá entre as súas funcións a participación no proceso de normalización lingüística, e o estudo e o asesoramento en materia de linguas, estará adscrito á Dirección Xeral de Política Lingüística e Xestión do Multilingüismo da Consellería de Educación, Investigación, Cultura e Deporte.

Fonte: Castellón Información

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder