Comunidade Valenciana

A Consellería de Educación da Comunidade Valenciana convoca axudas para o uso do valenciano na provincia de Alacant

A Consellería de Educación da Comunidade Valenciana convocou axudas para promover o uso da lingua valenciana en 50 municipios da provincia de Alacant. Estas axudas incrementáronse nun 11% respecto ao ano 2016 e superan o millón de euros para toda a Comunidade Autónoma.

Fonte: Diario Información

Comunidade Valenciana

Ponse en marcha unha campaña para solicitarlles aos concellos que se dobren máis películas ao valenciano

A Plataforma pola Lingua comezou unha campaña na Comunidade Valenciana para fomentar, mesmo con mocións aos concellos, a dobraxe de producións audiovisuais ao valenciano e promover o seu uso entre o público máis novo.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Demandan un único programa lingüístico para centros educativos que teña o valenciano como lingua vehicular

O Sindicato de Traballadores da Ensinanza do País Valenciano (STEPV) avoga por un programa lingüístico único para todos os centros educativos, públicos e privados, no que o valenciano sexa a lingua vehicular.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

O Concello de Vila-real ofrece novos cursos gratuítos de valenciano

A Concellería de Normalización Lingüística de Vila-real convocou unha nova edición de cursos gratuítos de lingua valenciana para pais e nais de alumnado dos centros escolares e para persoas que chegaron recentemente á cidade.

Fonte: elperiodic.com

Comunidade Valenciana

Valencia acollerá unha nova edición da feira do libro en catalán

A Praza do Concello de Valencia acollerá a quinta edición da "Praza do Libro", a feira do libro en lingua catalá, que terá lugar entre os días 1 e 5 de novembro de 2017 e na que participarán máis de trinta editoriais que publican libros en catalán.

Fonte: Valencia Plaza

Comunidade Valenciana

A Corporación Valenciana de Medios de Comunicación e o Goberno Valenciano colaborarán en materia lingüística

A Corporación Valenciana de Medios de Comunicación (CVMC) e a Consellería de Educación, Investigación, Cultura e Deporte asinaron un acordo para colaborar en materia de política lingüística, cultura e deporte.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

O Goberno da Comunidade Valenciana presenta unha campaña para fomentar o valenciano

O Goberno da Comunidade Valenciana presentou a campaña "Sempre túa. A túa lingua" para fomentar o valenciano, á que destinará 2,3 millóns de euros. A súa posta en marcha coincide co festexo do día europeo das linguas.

Fonte: El País

Comunidade Valenciana

O Goberno da Generalitat invita a diversas institucións a sumarse a unha campaña de fomento do valenciano

A Dirección Xeral de Política Lingüística e Xestión do Multilingüismo convidou a outras institucións da comunidade a unirse á campaña 'Sempre teua. La teua llengua' que ten como obxectivo fomentar o uso do valenciano.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

A Comunidade Valenciana activa un servizo para axudar ao persoal funcionario a usar o valenciano

A Consellería de Educación e Cultura da Comunidade Valenciana puxo en marcha un servizo de atención lingüística para o persoal funcionario, que busca resolver as súas dúbidas con relación ao uso da lingua valenciana coa cidadanía.

Fonte: Levante-EMV

Comunidade Valenciana

O Concello de Castelló colabora coa campaña do Voluntariado polo Valenciano

Esta campaña ten como obxectivo conseguir novos falantes de valenciano. Trátase dunha iniciativa gratuíta coa que se pon en contacto unha persoa falante desta lingua con outra que quere aprendela.

Fonte: Levante-EMV

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder