Comunidade Valenciana
O Concello de Onda pon en marcha unha campaña de Nadal para impulsar o uso do valenciano
O obxectivo desta campaña de Nadal é fomentar o uso oficial e social do valenciano no ámbito municipal.
Fonte: Cadena SER
O Concello de Valencia subvencionará asociacións que impulsen o valenciano no ámbito cultural e educativo
Despois de impulsar o ensino do valenciano entre o persoal municipal, o Consistorio de Valencia convocará subvencións para asociacións co obxectivo de fomentar o emprego do valenciano no ámbito cultural e educativo.
Fonte: El Periódico de Aquí
A Deputación de Valencia lanza unha aplicación interactiva para aprender valenciano
Enjogassa't é un xogo interactivo para aprender valenciano de forma divertida, dinámica e colaborativa a través de dispositivos móbiles.
Fonte: Las Provincias
Os sindicatos instan a esixirlle o valenciano ao funcionariado da Generalitat
Os sindicatos subscribiron un acordo para instar o Goberno valenciano a garantir a competencia lingüística do persoal da Administración valenciana en función do seu posto.
Fonte: La Vanguardia
A Generalitat valenciana convoca subvencións para o fomento da investigación no ámbito da planificación lingüística
O Diario Oficial da Comunidade Valenciana publicou a orde pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións para o fomento de traballos de investigación e de estudos no ámbito da planificación lingüística e da lingüística aplicada.
Fonte: Iustel
Sindicatos e Goberno valenciano traballarán conxuntamente para mellorar a competencia lingüística do funcionariado
Representantes dos principais sindicatos reuníronse coa conselleira de Xustiza e Administración Pública para presentarlle o acordo no que propoñen que o funcionariado conte cun nivel axeitado tanto de valenciano como de castelán.
Fonte: El Diario
O Goberno da Generalitat impartirá cursos de valenciano para os corpos e forzas de seguridade do Estado
Os cursos de valenciano destinados a Policía Nacional e Garda Civil terán carácter voluntario e teñen como obxectivo facer fronte aos casos de discriminación lingüística por parte destes corpos.
Fonte: La Vanguardia
Preséntase o novo modelo da Xunta Cualificadora de Coñecementos do Valenciano
Este novo modelo servirá para adaptarse ao Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas con seis niveis de certificación de valenciano (A1, A2, B1, B2, C1 e C2).
Fonte: El Periodic
Os centros educativos da Comunidade Valenciana elixirán o nivel de competencia lingüística de partida para o seu alumnado
O decreto de plurilingüismo aprobado polo Goberno da Comunidade Valenciana establece que os centros educativos serán os que escollan o nivel de competencia lingüística de partida para o seu alumnado, unha decisión que terá que recibir o aval do Consello Escolar e a validación da Administración.
Fonte: La Vanguardia
O persoal das Cortes valencianas forma parellas lingüísticas para practicar valenciano
O persoal que traballa nas Cortes, así como deputados e deputadas dos diferentes grupos políticos, uníronse ao programa de voluntariado para formar un total de 25 parellas lingüísticas que se xuntarán durante unha hora á semana para practicar valenciano.
Fonte: 20minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín