Comunidade Valenciana
A Generalitat Valenciana subvencionará o fomento do valenciano na zona murciana de El Carche
O director xeral de Política Lingüística e Xestión do Multilingüismo anunciou que haberá axudas para o fomento do valenciano nas zonas limítrofes de Murcia onde se fala esta lingua.
Fonte: El Periodic
A Academia Valenciana da Lingua e a Real Academia de Cultura Valenciana achegan posturas sobre a normativa lingüística
A Academia Valenciana da Lingua (AVL), ente oficial da normativa do valenciano, considera asumible unha boa parte da gramática aprobada pola Real Academia de Cultura Valenciana (RACV) para o seu debate.
Fonte: Levante-EMV
Preséntase unha campaña de fomento do uso do valenciano na pirotecnia impulsada pola Deputación de Valencia
A nova campaña de fomento do valenciano dedicada ao vocabulario relativo á pirotecnia consta de tres carteis que inclúen o léxico máis característico deste ámbito.
Fonte: Levante-EMV
A Universidade de Valencia esíxelle ao profesorado como requisito acreditar un nivel C1 de coñecemento do valenciano
Vicent Marzà, o conselleiro de Educación, apoia que se lles solicite o coñecemento das linguas oficiais aos profesores das universidades da Comunidade Valenciana.
Fonte: El Mundo
O Goberno valenciano asinará un convenio para impulsar o uso do valenciano no mundo da pelota
Este convenio ten como obxectivo fomentar o uso do valenciano tanto nas competicións como na comunicación e a difusión dos acontecementos deportivos e as actividades que leva a cabo a Federación de Pelota Valenciana.
Fonte: El Periodic
Convócanse as probas para poder obter os certificados de coñecemento do valenciano
O Diario Oficial da Comunidade Valenciana publicou a convocatoria das probas para obter os certificados oficiais de coñecemento do valenciano.
Fonte: El Periodic
O Concello de Castellón organiza cursos de valenciano en liña para o seu persoal
A Concellería de Normalización Lingüística organiza cursos de valenciano en liña para o persoal do Concello que permitirán que se preparen para obter os certificados de nivel C1 e C2.
Fonte: El Periodic
A Deputación de Valencia publica un vocabulario con termos en valenciano das festas de Pascua
A Unidade de Normalización Lingüística da Deputación de Valencia foi a encargada da elaboración deste vocabulario de termos en valenciano relativos ás festas de Pascua.
Fonte: El Periodic
Unha asociación da Comunidade Valenciana reclama unha lei de igualdade lingüística
A asociación Acció Cultural del País Valencià reclama esta lei de igualdade lingüística ante a petición realizada por un xulgado de Benidorm de que se traducise unha demanda ao castelán para axilizar trámites.
Fonte: La Vanguardia
Os concellos recibirán axudas da Deputación de Valencia para fomentar o uso do valenciano
A Unidade de Normalización Lingüística da Deputación de Valencia prevé ofrecer doce programas para fomentar o uso do valenciano nos concellos da provincia.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín