Comunidade Valenciana

A Universidade de Valencia organiza unha campaña de promoción do valenciano

A campaña “Igualdade lingüística é…” busca concienciar a toda a comunidade universitaria para que utilicen o valenciano.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Comunidade Valenciana

O Concello de Carcaixent convoca un premio ao uso do valenciano nas Fallas

O Concello de Carcaixent organizou un premio ao uso do valenciano nas Fallas, encadrado entre as accións de fomento desta lingua.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

O Goberno valenciano outórgalle o premio de promoción do valenciano á asociación cultural Gaiata 14

A Generalitat valenciana outorgoulle un premio de promoción do valenciano á asociación cultural Gaiata 14 por redactar nesta lingua os libretos das festas da Magdalena.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

Unha organización valenciana pide a igualdade lingüística entre valenciano e castelán

A organización Acción Cultural do País Valenciano solicitou mediante un documento con propostas de mellora a igualdade lingüística entre valenciano e castelán na Comunidade.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Convocan axudas para a promoción social do valenciano

A Consellería de Educación, Cultura e Deporte da Generalitat Valenciana convocou axudas co obxectivo de fomentar a lingua valenciana no ámbito social, comercial e industrial.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

As Cortes Valencianas aproban unha lei que recoñece a singularidade do valenciano

Trátase da Lei de recoñecemento, protección e promoción dos sinais de identidade do pobo valenciano, que, entre outros aspectos, establece a defensa da individualidade do valenciano respecto a outras linguas do Estado.

Fonte: Ara

Comunidade Valenciana

A asociación Escola Valenciana celebra o trinta aniversario das súas festas polo valenciano

Un total de 60 000 persoas acudiron ás festas educativas polo valenciano organizadas por Escola Valenciana en diferentes localidades da Comunidade. Esta edición contou ademais co aliciente de celebrar o trinta aniversario destas festas que reivindican a educación en valenciano.

Fonte: 20 minutos

Comunidade Valenciana

Un informe destaca o baixo índice de lectura e de edición en valenciano

O Goberno valenciano aprobou un informe sobre a situación dos niveis de lectura e edición na lingua propia. Nel, pódese apreciar a situación crítica pola que pasa a literatura en valenciano, tanto en número de lectores como de títulos publicados.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

Unha vila valenciana decide dispoñer dun intérprete de lingua de signos en todos os seus plenos

A vila valenciana de Burjassot decidiu contar coa presenza dun intérprete de lingua de signos en todos os seus plenos municipais para poder traducir as sesións á lingua de signos e desta forma incluír as persoas con discapacidade auditiva.

Fonte: Horta Noticias

Comunidade Valenciana

A Comunidade Valenciana aumentará os requisitos para poder dar clases en inglés

A Comunidade Valenciana engadirá un novo requisito para os profesores que impartan materias en inglés, máis alá do certificado de coñecemento do idioma e que consistirá na realización dun curso sobre métodos pedagóxicos.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder