Comunidade Valenciana

Un proxecto utiliza a lingua latina en Primaria para mellorar a capacidade lingüística dos alumnos

Un estudante de Doutoramento da Universidade de Alacante iniciou un proxecto no que utilizou o latín con estudantes de Primaria co obxectivo de mellorar a súa capacidade lingüística.

Fonte: 20 minutos

Comunidade Valenciana

A localidade valenciana de Benissa fomenta o valenciano a través de obradoiros de dobraxe dirixidos a escolares

O Concello de Benissa organizou unha serie de talleres dirixidos aos alumnos dos institutos da localidade nos que estes teñen a oportunidade de practicar técnicas de dobraxe en valenciano. Con estes obradoiros, búscase a promoción do valenciano e o seu uso social, ademais de incitar á mocidade a consumir produtos audiovisuais nesta lingua.

Fonte: El Periodic

Comunidade Valenciana

Diferentes actividades conmemorarán o Día das Linguas de Signos na Comunidade Valenciana

A Comunidade Valenciana celebrará o Día das Linguas de Signos con diferentes actividades programadas en varias localidades. O obxectivo é concienciar a poboación sobre estas linguas.

Fonte: El Periodic

Comunidade Valenciana

Publican un libro de oracións en valenciano para promover esta lingua nas igrexas

O libro L'Oracional valencià, elaborado pola Academia Valenciana da Lingua e a Asociación Ecuménica dos Cristiáns polo Valenciano, busca o uso da lingua valenciana nas igrexas da comunidade.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

O municipio valenciano Vall d’Uixó potenciará o uso do valenciano nas redes sociais

O municipio valenciano Vall d’Uixó vai renovar a súa páxina web e redes sociais para facelas mais accesibles e útiles para os cidadáns. Ademais tamén fomentarán o valenciano nestes espazos para dar mais visibilidade a esta lingua.

Fonte: El Periódico Mediterráneo

Comunidade Valenciana

Os centros con liña de valenciano non estarán obrigados a impartir, polo menos, unha materia non lingüística en castelán

O Goberno valenciano eliminará a obrigatoriedade dos centros educativos que contan con liña en valenciano de impartir, como mínimo, unha materia non lingüística en castelán.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Mantense en vigor a disposición que obriga a impartir unha materia non lingüística en castelán na liña en valenciano

O conselleiro valenciano de Educación, Vicent Marzà, non conseguiu derrogar os impedimentos da Lomce ante o seu plan de potenciar o valenciano.

Fonte: La Verdad

Comunidade Valenciana

O Concello de Vila-real pon en marcha unha campaña de colaboración veciñal para detectar erros no topónimo

A campaña «El nom és Vila-real» atópase na súa cuarta edición e con ela preténdese que os cidadáns colaboren para corrixir o nome da cidade cando apareza mal escrito.

Fonte: Levante

Comunidade Valenciana

O Concello de Valencia terá o valenciano como lingua preferente en todas as súas comunicacións

Unha das medidas que se porán en marcha para fomentar o uso do valenciano será a creación dun gabinete de normalización lingüística.

Fonte: El Diario

Comunidade Valenciana

Formulan catro propostas “de emerxencia” para fomentar o emprego do valenciano

A Plataforma pola Lingua defende, entre outras medidas, que os funcionarios con tarefas administrativas demostren nivel medio de valenciano, que se fomente a lingua no comercio e que se garantan os medios de comunicación propios en valenciano.

Fonte: 20minutos

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder