Comunidade Valenciana
Varias familias valencianas piden axudas por non poder matricular os seus fillos en castelán en colexios públicos
Desde a Consellería de Educación xa se puxeron a traballar nos informes das 25 familias valencianas que solicitan cobrar unha axuda compensatoria por non poder matricular os seus fillos nun centro educativo (público ou concertado) con liña en castelán. Segundo a Lei orgánica para a mellora da calidade educativa, estas familias teñen dereito a cobrar a axuda.
Fonte: Gente Valencia
A Academia Valenciana da Lingua reclama medios públicos en valenciano
A Academia Valenciana da Lingua reclamou, coincidindo co aniversario do peche de Radiotelevisión Valenciana, medios públicos “en valenciano e de calidade” e mostrou a súa solidariedade cos traballadores que perderon os seus postos de traballo e coas empresas do sector audiovisual que se viron afectadas ou desapareceron.
Fonte: 20 minutos
A Universidade de Valencia crea unha aplicación para aprender lingua de signos no móbil
A Universidade de Valencia creou a primeira aplicación de linguaxe de signos para móbil, SIGNA UNI, a través da Unidade para a Integración de Persoas con Discapacidade e coa colaboración de Fundación Vodafone, segundo anunciaron nun comunicado fontes da universidade.
Fonte: La Vanguardia
Menos do 5 % dos pais vota para escoller a lingua nas escolas da Comunidade Valenciana
A Consellería de Educación estreou a súa nova ferramenta telemática para pulsar a opinión das familias. A aplicación debutou coa consulta non vinculante os pais sobre a lingua base (castelán ou valenciano) do modelo de ensino plurilingüe en Infantil e Primaria. Unha sondaxe na que votaron menos do 5 % dun censo composto polos proxenitores dos máis de 312 000 alumnos dos colexios públicos da Comunidade Valenciana.
Fonte: Levante-emv
A Concellería de Promoción Lingüística de Sueca pon en marcha varias campañas para o uso do valenciano
A Concellería de Promoción Lingüística do Concello de Sueca puxo en marcha, un ano máis, varias iniciativas co obxectivo fundamental de promover o uso do valenciano. Unha delas é a publicación dunha axenda que contén as actividades e servizos que se levan a cabo desde este departamento, destinados á cidadanía do municipio, nun formato práctico e manexable.
Fonte: El Periodic
Os expertos ven viable e legal abrir unha nova televisión pública en valenciano
Diferentes asociacións de produtores valencianas coincidiron en que sería viable abrir unha nova radiotelevisión pública en valenciano aínda que discreparon no modelo de traballadores, mentres que un experto en Dereito Administrativo validou a súa legalidade.
Fonte: La Vanguardia
Ata un 30 % dos municipios da Comunidade Valenciana ten a súa denominación exclusivamente en valenciano
Un total de 158 municipios dos 542 que forman parta da Comunidade Valenciana, é dicir un 30 %, contan xa con denominación oficial exclusivamente en valenciano, segundo os datos recollidos pola Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia e Agricultura, Pesca, Alimentación e Auga.
Fonte: Levante-emv
Crean unha revista literaria dixital en catalán só para mozos valencianos
Un grupo de mozos universitarios valencianos puxeron en marcha unha revista literaria gratuíta e en formato dixital, titulada Gargots, con publicacións exclusivamente de escritores novos e en lingua catalá.
Fonte: La Vanguardia
A cidade de Vila-real inicia unha campaña para promover o uso do seu topónimo en valenciano
O obxectivo da campaña é difundir entre a poboación a idea de que o único topónimo oficial é Vila-real.
Fonte: Levante-emv
Os resultados dunha enquisa mostran que o 47 % dos habitantes de Paterna fala valenciano
Unha enquisa realizada polo Concello de Paterna mostra que un 47 % dos habitantes da cidade son falantes de valenciano, un 40 % entende esta lingua e só un 13 % non o fala nin o entende.
Fonte: El Periodic
Boletín
Subscríbase ao boletín