Comunidade Valenciana
Denuncian que a web de turismo do Concello de Santa Pola ignora a lingua valenciana
A coalición Compromís por Santa Pola denunciou que a páxina web do Concello de Santa Pola dedicada ao turismo, www.turismosantapola.es, está en castelán e inglés, e non aparece o valenciano. Ademais, denunciaron que «toda a información que se dá mediante folletos informativos dentro da páxina web tamén é bilingüe castelán-inglés».
Fonte: Diario Información
O Servizo Valenciano de Emprego inclúe cursos de chinés e ruso ante a demanda do sector turístico
O Servizo Valenciano de Emprego (Servef) incluíu cursos de chinés e ruso no Programa de Formación de 2014 ante o auxe do turismo e do comercio con estes países, que fai prever a curto prazo necesidades de persoal cualificado nestas linguas.
Fonte: Levante-emv
Un total de 18 000 nenos de Educación Infantil formarase en inglés, valenciano e castelán en Castellón
O sistema de educación plurilingüe incluirá o próximo curso 2014/2015 todo o segundo ciclo de Educación Infantil, o que beneficiará 18 000 alumnos de tres, catro e cinco anos da provincia de Castellón.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
As dúas editoriais en valenciano de maior prestixio unen os seus destinos
Os históricos selos editoriais valencianos Bromera e Tàndem, probablemente os que máis prestixio conseguiron dentro da edición en valenciano na recente historia impresa desta lingua, chegaron a un acordo polo que o primeiro adquire a marca Tàndem e “boa parte do seu catálogo”, ademais da responsabilidade da súa difusión.
Fonte: El País
O Servizo Valenciano de Emprego e Formación facilita intérpretes de lingua de signos nos seus programas de formación
O Servizo Valenciano de Emprego e Formación (Servef) facilitaralles intérpretes de lingua de signos aos alumnos con discapacidade auditiva que participen nas acción formativas da programación de 2014 de formación para o emprego, para o que se previu unha cifra inicial de 25 000 euros.
Fonte: La Vanguardia
Celebran unha nova edición da Festa Estellés, que honra a lingua e cultura valencianas
A cuarta edición da Festa Estellés na Alcudia foi unha celebración da lingua e cultura valencianas en honor ao xornalista, escritor e poeta valenciano Vicent Andrés Estellés.
Fonte: Las Provincias
A porcentaxe de falantes de valenciano será inferior ao 10 % en 2050
A porcentaxe de falantes de valenciano será inferior ao 10 por cento en 2050 se se mantén a actual política lingüística, segundo asegura un estudo realizado por Clara Miralles Vila, unha estudante de Física da Universidade de Valencia que realizou un traballo fin de grao dirixido polo profesor Manel Perucho baseado en métodos matemáticos, segundo informou a institución académica.
Fonte: Levante-emv
Denuncian que a Consellería de Educación "marxina" o valenciano en Primaria
Escola Valenciana denuncia que a Consellería de Educación "marxina" o valenciano no sistema educativo en Primaria, ao permitir que se poidan impartir máis horas en castelán "mesmo na liña en valenciano".
Fonte: La Vanguardia
A Academia Valenciana da Lingua insta a Educación a impedir que os pais poidan votar o idioma de ensino
A Academia Valenciana da Lingua (AVL) instou a Consellería de Educación a suprimir do decreto que introduce o plurilingüismo no ensino a consulta aos pais dos alumnos sobre a preferencia do programa lingüístico de cada centro docente.
Fonte: Levante-EMV
O conflito lingüístico marca a marcha cidadá do 9 de outubro en Valencia
Na manifestación, algúns repartían adhesivos e cuartillas con manifestos a favor do ensino en valenciano e contra a denominación desta lingua como catalán.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín