Comunidade Valenciana

A Academia Valenciana da Lingua admite que o valenciano é catalán

A Academia Valenciana da Lingua (AVL) admitiu que o valenciano é catalán e mostrouse en contra da proposta do PP para que as Cortes Valencianas proclamen que é unha lingua con orixes iberas.

Fonte: E-noticies

Comunidade Valenciana

A Generalitat Valenciana subvenciona empresas, comercios e industrias que fan actividades de promoción do valenciano

O Diario Oficial da Comunidade Valenciana publicou a Orde 69/2013, de 28 de xuño, pola que se convocan as axudas económicas destinadas a empresas, comercios e industrias, radicadas na Comunidade Valenciana, que desenvolven actividades de normalización e promoción do valenciano.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Comunidade Valenciana

A Consellería de Educación da Comunidade Valenciana concede axudas por valor de 100 000 euros para promover o valenciano

A Consellería de Educación, Cultura e Deporte concedeu axudas por un importe de 100 000 euros a 67 concellos e mancomunidades para a realización de actividades de promoción do uso do valenciano durante este ano. A convocatoria das axudas establece como obxectivos prioritarios a promoción do valenciano nos diversos ámbitos da actuación municipal, así como dar apoio ao uso do valenciano na comunicación social e facilitar a súa utilización por parte dos cidadáns.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

A Dirección Xeral de Tráfico cambia o valenciano polo inglés nos paneis da autovía durante o verán

Os responsables de Tráfico na Comunidade Valenciana impulsaron unha campaña de prevención de incendios forestais desde os paneis electrónicos de autovías e autoestradas nos que o valenciano (lingua que adoita alternar co castelán nas mensaxes habituais destes dispositivos que informan de accidentes próximos ou condicións climatolóxicas adversas á condución) se sacrificou en beneficio do inglés.

Fonte: Levante-emv

Comunidade Valenciana

A iniciativa voluntaria para aprender idiomas Valencia Language Exchange acada os 7000 participantes

Valencia Language Exchange é unha iniciativa voluntaria que comezou no ano 2008 da man de sete aventureiros de diferentes nacionalidades. Apaixonados polos idiomas, xuntáronse para poder intercambiar culturas e aprender linguas estranxeiras. O boca a boca fixo que aos dous días fosen máis de 30 e agora xa chegan a superar as 7000 persoas. Expandíronse a varios países e aumentaron a frecuencia e os puntos de encontro.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

Un grupo de avogados denuncia un veto ao catalán nos xulgados do municipio castellonenco de Vinaroz

O secretario dos xulgados de Vinaroz (Castelló) esixe unha copia traducida ao castelán das demandas que se presentan en catalán,segundo denunciaron os avogados das Terras do Ebro. Do contrario, advírteselles aos avogados de que os seus escritos non serán admitidos, como se constata desde o Colexio de Avogados de Tortosa.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

O Goberno valenciano recoméndalles ás universidades que utilicen o termo ‘lingua valenciana’

O catálogo editado pola Xarxa Vives para establecer un estándar do catalán provocou a reacción do Goberno. Fontes do Executivo valenciano lembraron que o pleno de Goberno aprobou hai unas semanas un acordo que insta ás universidades valencianas a utilizar o termo «lingua valenciana», tanto nas súas «actividades académicas» coma «en xeral no normal desenvolvemento da súa actuación docente, investigadora e de transferencia de coñecementos».

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

Tres mozos denuncian ter sido acosados por falar catalán nun festival de música da Comunidade Valenciana

Tres mozos comunicaron incidentes de discriminación e abuso físico por falar catalán no festival de música Arenal Sound na Comunidade Valenciana. Ao igual que en Cataluña, o español e o catalán son linguas oficiais na Comunidade Valenciana.

Fonte: Global Voices Online

Comunidade Valenciana

A Academia Valenciana da Lingua enviaralles publicacións en valenciano aos institutos para promover o uso desta lingua nas aulas

A Academia Valenciana da Lingua (AVL) enviaralles un lote de publicacións editadas pola institución aos institutos da comunidade no marco da campaña de promoción e difusión do valenciano bautizada como ‘A AVL na aula’.

Fonte: 20 minutos

Comunidade Valenciana

A oferta educativa en valenciano apenas crece un 1 % en tres cursos

Case 236 000 alumnos de todas as etapas educativas estudan, no recentemente iniciado curso, nas chamadas liñas en valenciano, o que supón un aumento, en tres anos, do un por cento do alumnado que pode estudar nos programas que teñen como lingua vehicular a lingua propia da Comunidade Valenciana.

Fonte: El País

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder