Comunidade Valenciana
Os centros da rede plurilingüe duplicaranse no próximo curso na Comunidade Valenciana
Un total de 128 centros educativos valencianos pasarán a formar parte da Rede de Centros Plurilingües da Comunidade Valenciana, creada no mes de abril de 2011 pola Consellería de Educación, Formación e Emprego, no próximo curso 2012-2013.
Fonte: El Mundo
Uns encontros organizados pola plataforma Escola Valenciana piden educación de calidade e en valenciano
Escola Valenciana organizou dúas “Trobades” en Antella (Valencia) e en Guardamar do Segura (Valencia) co obxectivo de realizar un “chamamento multitudinario” pola defensa dun ensino público, de calidade e en valenciano.
Fonte: ABC
Unha campaña anima a matricular os nenos nas liñas de ensino en valenciano para facilitar a aprendizaxe doutras linguas
Escola Valenciana iniciou unha campaña para animar os pais a matricular os seus fillos nas liñas en valenciano porque, entre outros motivos, a educación na lingua da Comunidade “facilita” a aprendizaxe doutros idiomas.
Fonte: ABC
A Trobada d’Escoles en Valencià celebrou a súa vixésimo quinta edición
Miles de persoas asistiron á gran Trobada d’Escoles en Valencià que conmemoraba o 25 aniversario do primeiro encontro que se organizou en 1987. Os asistentes fixeron un chamamento claro a favor do valenciano e en contra dos recortes.
Fonte: Las Provincias
Investigadores da Universidade Politécnica de Valencia desenvolven un novo tradutor automático de linguas minoritarias
Investigadores da Universidade Politécnica de Valencia desenvolveron un novo tradutor automático de linguas minoritarias, que permite superar a escaseza de recursos lingüísticos dos tradutores actuais.
Fonte: Europa Press
A Xustiza obriga a Deputación de Castelló a publicar anuncios en valenciano sen esixir a versión en castelán
O Tribunal Superior de Xustiza(TSJ) da Comunidade Valenciana dálle a razón a Acción Cultural do País Valenciano e obriga a Deputación de Castelló a aceptar e publicar no Boletín Oficial da Provincia os anuncios redactados en valenciano sen necesidade de achegar unha versión en castelán.
Fonte: Levante-EMV
A Consellería valenciana de Educación pedirá a opinión das familias sobre o modelo lingüístico para os seus fillos
A Consellería de Educación, Formación e Emprego pedirá por primeira vez, centro a centro, a opinión das familias sobre o modelo lingüístico que queren para os seus fillos, dentro do novo plan de plurilingüismo que porá en marcha o próximo curso, en todos os centros públicos e privados concertados que o soliciten.
Fonte: El Mundo
O Consello Valenciano de Cultura alerta do risco da caída editorial en valenciano
O Consello Valenciano de Cultura (CVC) considera que a "falta de investimento en determinados instrumentos culturais pode implicar a desaparición dun ben cultural patrimonial como o valenciano".
Fonte: Levante-EMV
A Universidade de Valencia elevará ata o 35 % a súa docencia en valenciano
A Universidade de Valencia (UV) aprobou un plan para elevar a súa oferta docente en valenciano ata o 35 por cento durante os próximos cinco anos, así como unha distribución equitativa da oferta nas dúas linguas oficiais nun prazo máximo de dez anos.
Fonte: ABC
Un total de 3000 profesores recibirá clases de inglés nas Escolas Oficiais de Idiomas da Comunidade Valenciana
A Consellería de Educación, Formación e Emprego porá en marcha durante o curso 2012-2013 un novo Plan de formación lingüístico-didáctica de linguas dirixido ao persoal docente non universitario, que prevé impartir clases de inglés en todas as Escolas Oficiais de Idiomas a 3000 profesores da Comunidade Valenciana.
Fonte: La Plana Al Día
Boletín
Subscríbase ao boletín