Comunidade Valenciana
A Academia de Linguas Bíblicas de Valencia organiza cursos de linguas mortas
Na era do Twitter e os seus 140 caracteres aínda quedan 80 románticos en Valencia que se apaixonan polas linguas mortas. Comezaron o curso na academia das linguas bíblicas. O acadio, con 4800 anos, é este ano a novidade.
Fonte: Levante-emv
As axudas á promoción do valenciano caen o 41 % en tres anos
A promoción e o uso do valenciano perden activos nos orzamentos da Generalitat de 2012, ao verse reducidas as axudas nun 10,62 %. Isto, sumado aos dous exercicios anteriores de recortes, significa que a promoción do valenciano acumula un descenso do 40,81 % nos últimos tres anos.
Fonte: El País
Organizan unha nova edición da campaña “Parla’m en valencià”
Esta campaña ten como obxectivo pór en contacto a persoas que queren lanzarse a falar valenciano con voluntarios que estean dispostos a destinar unha hora á semana para conversar con eles.
Fonte: Novelda Noticias
A Consellería valenciana de Educación rescata a esixencia do inglés para os futuros docentes
Mellor formación para o persoal docente e un cambio normativo que permita esixir ao profesorado a capacitación para impartir clases nun idioma estranxeiro. Son dúas das medidas que a Consellería de Educación considera fundamentais para desenvolver o novo modelo de ensino trilingüe na Comunidade Valenciana.
Fonte: Las Provincias
A Consellería valenciana de Cultura pon ao alcance de todos os cidadáns os dicionarios valencianos en liña
A Consellería de Cultura, Turismo e Deporte puxo ao alcance de todos os cidadáns un novo servizo que permite a consulta en liña dos dicionarios da Subdirección Xeral de Política Lingüística da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
Fonte: El Económico
O Supremo elimina a materia de Educación para a Cidadanía en inglés en Valencia
O Tribunal Supremo confirmou a anulación da orde da Generalitat valenciana pola que se establecía a impartición nesta comunidade da materia de Educación para a Cidadanía en lingua inglesa, así como a posibilidade de aprobar a materia mediante un traballo.
Fonte: La Vanguardia
O grupo parlamentario Compromís pide que o valenciano sexa recoñecido como lingua oficial da Unión Europea
O grupo parlamentario Compromís presentou unha proposición non de lei nas Cortes na que piden que o valenciano sexa recoñecido como lingua oficial da Unión Europea e aceptado polos Estados membros.
Fonte: La Vanguardia
Só 1100 profesores dos 29 000 de Primaria poderían ensinar inglés na Comunidade Valenciana
Na Comunidade Valenciana, unicamente o 4,27 por cento do profesorado de Ensino Primario ten a dobre titulación de mestre e o B2 de lingua inglesa, mentres que en Infantil a porcentaxe se eleva ao 13,2, segundo datos facilitados pola consellería.
Fonte: Levante-emw
A Consellería valenciana de Educación amplía un 15 % a formación en linguas estranxeiras do profesorado
A Consellería de Educación, Formación e Emprego ampliará a oferta de formación en linguas estranxeiras para os docentes da Comunidade Valenciana durante a segunda metade do curso para atender a crecente demanda do profesorado.
Fonte: ABC
Unha asociación pídelle á Consellería valenciana de Educación que inclúa o portugués no sistema plurilingüe
A Asociación Cultural Espaituga demanda a presenza da lingua e cultura portuguesas dentro do sistema educativo valenciano “ao mesmo nivel que outras linguas estranxeiras como o francés, o alemán e o italiano”.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín