Comunidade Valenciana

Canal 9 estrea un espazo sobre usos populares do valenciano en clave de humor

Canal 9 estrea o programa “Trau la Llengua”, un espazo que se centrará, facendo uso do humor, na cultura e, especialmente, na lingua valenciana, utilizando como base as súas palabras e expresións populares.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

A Generalitat Valenciana acaba coas liñas de ensino en valenciano

O modelo actual valenciano de tres liñas –ensino vehicular en castelán, en valenciano ou mixto- irase adaptando progresivamente a partir do próximo curso a “un modelo único a semellanza do galego”, no que non se poderá impartir menos dun terzo de castelán e de valenciano nin máis dun terzo de inglés.

Fonte: El País

Comunidade Valenciana

Os alumnos temporais quedarán exentos de estudar en valenciano

Outra novidade do novo modelo lingüístico valenciano é que permite ás familias con residencia temporal en zonas valencianofalantes a exención do ensino na lingua autóctona se o solicitan.

Fonte: Levante-emv

Comunidade Valenciana

A Consellería valenciana de Educación duplica os cursos de inglés para que os profesores poidan dar clases

O obxectivo é que, en catro anos, arredor de 20.000 profesores do sistema público e concertado, un terzo aproximadamente do total, conten coa habilitación para impartir materias en inglés e cumprir así co novo modelo trilingüe.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

O festival da lingua valenciana contará con talleres, contacontos e música

Vilarreal celebra o festival “Mira per la Llengua”, que terá lugar na Praza Maior, para “potenciar o uso do valenciano nos diferentes sectores da poboación”, tal e como anunciou o edil de Cultura, Héctor Folgado.

Fonte: Levante-emv

Comunidade Valenciana

A Universidade Jaume I afonda no debate sobre as linguas no ensino

O Departamento de Educación da Universidade Jaume I organiza as I Xornadas «Cap a una escola plurilingüe» (cara a unha escola plurilingüe), actividade de formación e debate que terá lugar os días 7 e 8 de xuño de 2011.

Fonte: elperiodic.com

Comunidade Valenciana

Escola Valenciana clausura as Trobades

Escola Valenciana clausurará as Trobades d’Escoles en Valencia 2011 en Ibi e Relleu tras percorrer distintas localidades das Comunidade Valenciana, nas que se reivindicaron o ensino en valenciano e o uso social da lingua vernácula.

Fonte: Diario Crítico

Comunidade Valenciana

Miles de persoas maniféstanse en defensa da lingua valenciana no ensino

Miles de persoas encheron a praza da Virxe en Valencia en protesta pola política educativa do Goberno de Francisco Camps e en defensa da lingua valenciana, baixo o lema “Si al Valencià” (Si ao valenciano).

Fonte: El Mundo

Comunidade Valenciana

Centenares de rexedores e rexedoras prometen impulsar o ensino en valenciano na súa toma de posesión

Nunha nova iniciativa en favor do valenciano, centos de rexedores e rexedoras de todas as comarcas incluíron unha frase en defensa do ensino nesta lingua nas súas tomas de posesión.

Fonte: Escola Valenciana

Comunidade Valenciana

A Universidade Jaume I contará cunha Unidade para a Educación Multilingüe

O reitor da Universidade Jaume I, Vicent Climent, e o presidente da Federación de Asociacións pola Lingua, Escola Valenciana, Vicent Moreno, asinaron o luns 20 de xuño de 2011 un convenio para a constitución e posta en marcha da Unidade para a Educación Multilingüe na universidade pública de Castellón.

Fonte: El Periodic

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder