Comunidade Valenciana

A Deputación de Alacant e a Academia Valenciana da Lingua acordan a sinatura dun primeiro convenio marco

A Deputación de Alacant e a Academia Valenciana da Lingua traballarán conxuntamente na promoción e o impulso do valenciano.

Fonte: El Periodic

Comunidade Valenciana

Un total de 150 municipios da Comunidade Valenciana cambia a súa denominación oficial ao valenciano

Un total de 150 municipios dos 542 que conforman a Comunidade Valenciana solicitou o cambio da súa denominación oficial pola forma exclusiva en valenciano, segundo informa a Generalitat.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

Preséntase Maestrat Viu, un novo colectivo en defensa da lingua e a cultura valencianas

A localidade de Benassal acolleu a presentación de Maestrat Viu, un novo colectivo en defensa da lingua e a cultura valenciana.

Fonte: El Periódico Mediterráneo

Comunidade Valenciana

A Consellería de Educación e a Academia Valenciana da Lingua pactan o novo decreto de trilingüismo

O actual modelo de plurilingüismo baseado nas liñas en castelán, valenciano e os programas de inmersión lingüística (PIL) desaparece o próximo curso 2012-2013. Así o anunciou a conselleira de Educación, Formación e Emprego, María José Catalá, tras reunirse co presidente da Academia Valenciana da Lingua (AVL), Ramón Ferrer.

Fonte: El País

Comunidade Valenciana

As liñas en valenciano manteranse co novo decreto de plurilingüismo

As liñas en valenciano manteranse co novo decreto de plurilingüismo que está elaborando a Consellería de Educación e que coexistirá cos actuais Programas de Inmersión Lingüística (PIL).

Fonte: El Mundo

Comunidade Valenciana

Escola Valenciana declara que o proxecto con mellor resultado é a inmersión lingüística

Escola Valenciana pediulle á conselleira de Educación, María José Catalá, “claridade” na exposición do proxecto sobre plurilingüismo e considerou que a inmersión lingüística é o proxecto que “mellores resultados ofrece”.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

Os profesores valencianos de francés critican que a súa lingua se ignore no borrador de ensino plurilingüe

O borrador do ensino plurilingüe na Comunidade Valenciana foi cuestionado pola Asociación de Profesores de Francés de Valencia porque o documento ignora o seu idioma e só recolle o inglés como lingua estranxeira de aprendizaxe.

Fonte: Levante-emv

Comunidade Valenciana

A Comunidade Valenciana realizará unha proba oral de idiomas na selectividade

A Comunidade Valenciana porá en práctica este mesmo ano o exame oral de lingua estranxeira que se incorporará ás probas de selectividade no curso 2013-2014, aínda que será de forma experimental e sen repercusión na nota final.

Fonte: Diario Información

Comunidade Valenciana

A entidade Escola Valenciana esixe que todos os docentes dominen o valenciano

Responsables da entidade cívica Escola Valenciana instaron a Consellería de Educación a que o texto definitivo do futuro decreto sobre ensino plurilingüe inclúa de forma explícita que todos os docentes de Infantil, Primaria e Secundaria deban ter a capacitación lingüística en valenciano.

Fonte: Levante-emw

Comunidade Valenciana

Piden que todo o profesorado teña capacitación lingüística en valenciano e uns 13 300 posúan competencias en inglés

Escola Valenciana instou a Consellería de Educación a que o texto definitivo do futuro decreto sobre ensino plurilingüe inclúa de forma explícita que todos os docentes de Infantil, Primaria e Secundaria deban ter a capacitación lingüística en valenciano, ao tempo que salienta que para que o sistema sexa “de calidade” uns 13 300 docentes deberían posuír competencias en lingua inglesa.

Fonte: Europa Press

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder