Comunidade Valenciana
A Generalitat valenciana organiza cursos de valenciano para as empresas da comunidade
A Consellería de Turismo, Cultura e Deporte colabora coas cámaras de comercio da Comunidade Valenciana na oferta de “Cursos de Valenciano á Empresa”, que esta última institución programou para difundir o coñecemento e o uso do valenciano entre os comercios valencianos.
Fonte: El Periodic
O programa do ‘Voluntariado polo valenciano’ suma xa 6000 parellas lingüísticas
O programa do ‘Voluntariado polo valenciano’, creado por Escola Valenciana en 2005, suma xa 6000 parellas lingüísticas formadas por un voluntario falante de valenciano e unha persoa que quere aprender a lingua para charlar en valenciano durante unha hora á semana.
Fonte: Europa Press
A Comunidade Valenciana recoñece o uso da lingua de signos e promoverá o seu ensino, protección e respecto
A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) e a Federación de Persoas Xordas da Comunidade Valenciana (Fesors CV) amosaron a súa satisfacción pola aprobación da Carta de Dereitos Sociais da Comunidade Valenciana que asegurará o uso da lingua de signos propia das persoas xordas, que deberá ser obxecto de ensino, protección e respecto.
Fonte: El Economista
Arredor de 3 millóns de valencianos aseguran falar a lingua propia
Arredor de tres millóns de valencianos aseguran falar a súa lingua propia, fronte aos 2,1 millóns que revelan non facelo. Así queda de manifesto no Informe sobre a situación da lingua catalá (2011).
Fonte: Levante-emv
O Tribunal Superior de Xustiza ordena implantar unha liña en valenciano nun colexio da Comunidade Valenciana
O Tribunal Superior de Xustiza acaba de ordenar á Consellería de Educación que implante unha liña en valenciano nun colexio concertado de Picassent onde rexeitou creala en 2009.
Fonte: Levante-emv
O grupo Compromís denuncia a discriminación sistemática do valenciano polo Concello de Xirivella
No ultimo mes, das 48 noticias colgadas no Facebook do Concello, só 3 estaban escritas en valenciano, o que non chega nin ao 7 % das publicacións.
Fonte: El Periodic
Critican que a maioría dos carteis de Valencia estean só en castelán
O grupo Compromís denunciou que grande parte dos carteis de Valencia incumpre a ordenanza do valenciano aprobada pola cidade ao figurar só en castelán as informacións.
Fonte: Levante-emv
Un home denuncia ter sido xulgado por dirixirse en valenciano a dous gardas civís
Un veciño de Almenara (Castellón), Carles Mateu, foi xulgado tras unha denuncia interposta contra el pola Garda Civil por desordes públicas nun control de rutina, aínda que el asegurou que foi por expresarse en valenciano antes os axentes.
Fonte: El Mundo
Un programa educativo impulsa o estudo do valenciano entre os veciños de Almussafes
Baixo o lema ‘Parla’m en valencià’ (Fálame en valenciano) impúlsase de novo a riqueza da lingua da Comunidade a través do seu vehículo natural: a comunicación entre cidadáns. A localidade de Almussafes organiza este programa gratuíto, educativo e cultural por terceiro ano consecutivo, dado o éxito do que gozou nas anteriores edicións.
Fonte: Las Provincias
Preto de tres millóns de valencianos aseguran falar a lingua propia
Preto de tres millóns de valencianos aseguran falar a súa lingua propia, fronte aos 2,1 millóns que revelan non facelo. Así queda de manifesto no Informe sobre a situación da lingua catalá (2011) realizado pola Xarxa Cruscat do Instituto de Estudos Cataláns por encargo do Observatorio da Lingua Catalá.
Fonte: Xarxa CRUSCAT
Boletín
Subscríbase ao boletín