Comunidade Valenciana

A Consellería valenciana de Educación ofrece 7000 prazas en cursos de inglés en liña para docentes

A Consellería de Educación, Cultura e Deporte da Comunidade Valenciana ofrece este ano 7000 prazas en cursos de inglés en liña dirixidos a docentes de ensino non universitario no marco do Programa de Formación en Linguas Estranxeiras, co obxectivo de que estes profesionais poidan mellorar o seu coñecemento nesta lingua e impartir nela as súas clases.

Fonte: El Mundo

Comunidade Valenciana

A Academia Valenciana da Lingua define o catalán como a lingua que se fala na Comunidade Valenciana

A Academia Valenciana da Lingua (AVL) establece no seu Dicionario Normativo que o catalán é unha «lingua románica falada en Cataluña, así como nas illas Baleares, o departamento francés dos Pireneos Orientais, o Principado de Andorra, a franxa oriental de Aragón a cidade sarda de l’Alguer, onde recibe o nome de valenciano, e a Comunidade Valenciana».

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

A Consellería valenciana de Educación reducirá a presenza do valenciano nas liñas de castelán

A orde que prepara a Consellería de Educación para regular a autorización do proxecto lingüístico dos centros de ensino de Réxime Xeral desde Infantil ata Bacharelato e Formación Profesional previsto no Decreto de Plurilingüismo reducirá a presenza do valenciano nas escolas de liña en castelán.

Fonte: Diario Información

Comunidade Valenciana

A plataforma Escola Valenciana obtén un premio internacional á educación multilingüe

Linguapax, a organización non gobernamental creada pola Unesco e dedicada á valoración e protección da diversidade lingüística mundial, recoñeceu o traballo da plataforma Escola Valenciana co seu premio internacional anual.

Fonte: El País

Comunidade Valenciana

Colectivos sociais presentan unha iniciativa lexislativa popular para que se cree unha radiotelevisión pública en valenciano

Unha vintena de representantes sociais de distintos ámbitos da Comunidade Valenciana promoven unha iniciativa lexislativa popular (ILP) para garantir o dereito do pobo valenciano a ter un servizo público de radio e televisión na súa lingua.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

Escola Valenciana organiza un peche contra a supresión de aulas en valenciano

Escola Valenciana levará a cabo un peche para protestar contra a supresión de unidades educativas en valenciano na escola pública a raíz do arranxo escolar do curso 2014/2015 e «en solidariedade cos máis de 130 centros que se verán afectados».

Fonte: Levante-emv

Comunidade Valenciana

O ensino en valenciano redúcese ao chegar á universidade na provincia de Castellón

O 91,3 % dos 39 315 alumnos de Infantil e Primaria da provincia de Castellón cursa liña en valenciano, segundo os datos da Consellería de Educación. No entanto, na Universidade Jaume I a docencia de castelán é maioritaria, co 74,39 % dos créditos impartidos, segundo o informe das linguas da docencia da Universidade.

Fonte: El Periódico Mediterráneo

Comunidade Valenciana

Estudantes valencianos traballan nun sistema que traduce a comunicación oral a lingua de signos

Estudantes da Universidade Politécnica de Valencia e da Universidade de Alacant participan no ShowLeap, un proxecto que quere facilitar a comunicación de persoas cuxa lingua materna é a lingua de signos e axudar a que a sociedade a asimile.

Fonte: 20 minutos

Comunidade Valenciana

Renovan o programa experimental no que seis centros valencianos imparten o 80 % do horario en inglés

Estes centros imparten un 80 % do horario lectivo en inglés, co que se consegue que os alumnos teñan un dominio simultáneo do valenciano, castelán e inglés, co fin último de mellorar a súa competencia comunicativa en cada unha das linguas curriculares, explica o departamento de Campanar nun comunicado.

Fonte: Levante-emv

Comunidade Valenciana

O uso das diferentes linguas inflúe nas decisións morais, segundo un estudo da Universidade Pompeu Fabra

A Universidade Pompeu Fabra publicou un estudo onde asegura que a lingua na que se formula un dilema ético intervén nas decisións morais que se adoptan. O informe, publicado na revista científica estadounidense en liña PloS ONE tamén sostén que o idioma inflúe na toma de decisións de carácter ético.

Fonte: El Periódico

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder