Comunidade Valenciana

Os pais deberán votar este curso a lingua de ensino de Infantil na Comunidade Valenciana

A Consellería convocará este curso a primeira consulta ás familias para que decidan que lingua de ensino queren para os seus fillos: castelán ou valenciano. Cumprirá así cun dos artigos do decreto de plurilingüismo de 2012, que introduciu a novidade da votación «sobre a preferencia do programa que se deberá realizar en cada centro aos pais».

Fonte: El Mundo

Comunidade Valenciana

A Real Academia Española mantén o valenciano como dialecto do catalán no novo dicionario

A Real Academia Española alíñase coa Academia Valenciana da Lingua e non rectifica coa definición do valenciano. A edición en formato papel do dicionario da RAE chegou ás librerías da provincia de Castellón e mantén que é unha variante do catalán.

Fonte: El Periódico Mediterráneo

Comunidade Valenciana

A Consellería de Educación valenciana recoñece catro novas entidades acreditadoras de lingua estranxeira

A Consellería de Educación, Cultura e Deporte recoñeceu as probas de dominio convocadas por outras catro entidades e universidades da Comunidade Valenciana como acreditadoras da competencia lingüística en linguas estranxeiras nesta comunidade.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

Unha de cada cinco familias en Castellón non lles transmite o valenciano aos seus fillos

Unha de cada cinco familias falantes de valenciano (21 %) de Castellón non se comunica en valenciano cos seus fillos. Así o reflicte un estudo recente sobre a situación da lingua en 2014 que conta co aval do Instituto de Estudos Cataláns.

Fonte: El Periódico Mediterráneo

Comunidade Valenciana

A Mesa das Cortes Valencianas tramita a iniciativa lexislativa popular para unha radiotelevisión en valenciano

A Mesa das Cortes Valencianas tramitou a certificación emitida pola Xunta Electoral da Comunidade Valenciana sobre as sinaturas recollidas para a iniciativa lexislativa popular por unha radiotelevisión pública en valenciano.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

A poboación que sabe escribir en valenciano pasa de 262 000 a 1,5 millóns en 25 anos

Nos 25 anos que pasaron de 1986 a 2011, a porcentaxe de valencianos con capacidade de escribir na lingua propia aumentou do 7,03 % ao 31,77 %. Este aumento do 352 % tórnase mais incrible ao medilo en cifras absolutas: pasou de haber 262 407 persoas capacitadas para redactar un texto en valenciano a 1 535 693 cidadáns. Case seis veces máis.

Fonte: Levante-emv

Comunidade Valenciana

Sindicatos docentes e Escola Valenciana piden a retirada da orde sobre programas lingüísticos

Sindicatos docentes e a entidade cívica Escola Valenciana pediron a retirada da orde pola que se desenvolve o procedemento de autorización do proxecto lingüístico de centro, que se ampara no Decreto 127/2012 que regula o plurilingüismo na Comunidade Valenciana e foi tratado na Mesa Sectorial de Educación.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

Lanzan Petiteses, o primeiro DVD infantil en valenciano

Petiteses é o primeiro DVD infantil en valenciano do mercado. Un proxecto lúdico e didáctico que contén 10 vídeos musicais e un conto. Desde un rap, ata unha nana, pasando por cancións populares, sen deixar de lado elementos tradicionais e a utilización de instrumentos antigos ou reciclados.

Fonte: El Diario

Comunidade Valenciana

O Concello de Faura asina un convenio para promover os filmes en valenciano

O alcalde de Faura, Toni Gaspar, e o presidente de Escola Valenciana, Federación de Asociacións pola Lingua, Vicente Moreno, estamparon a súa sinatura nun convenio de colaboración para que o municipio de Les Valls poña en marcha a campaña de Cinema na Escola para proxectar películas en valenciano.

Fonte: Levante-emv

Comunidade Valenciana

Só un 17 % de docentes da Universidade Jaume I ten nivel de inglés para dar clase nesa lingua

Un informe da Universidade Jaume I reflicte que só 239 dos 1425 profesores desta institución acreditan ter un nivel de inglés de B2 ou superior. A cifra supón un 16,77 % do total do persoal –aínda sube ao 51,39 % se se ten en conta só o persoal que respondeu a enquisa-.

Fonte: El Periódico Mediterráneo

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder