Comunidade Valenciana
Segundo un estudo, un de cada cinco estranxeiros da Comunidade Valenciana sabe falar valenciano
Segundo un estudo realizado pola Plataforma pola Lingua, un de cada cinco estranxeiros sabe falar e entende o valenciano, porcentaxe que se multiplica por dous na provincia de Castellón.
Fonte: El Periódico Mediterráneo
Aumentan os casos de discriminación lingüística na Comunidade Valenciana
A Plataforma polos Dereitos Lingüísticos, integrada por diferentes colectivos, partidos políticos e sindicatos, leu un manifesto no que expresan a súa indignación polo aumento dos casos de vulneración destes na Comunidade Valenciana.
Fonte: El Diario
O Concello de Alacant realizará unha enquisa entre os funcionarios para coñecer o seu nivel de valenciano
Os máis de 2000 funcionarios municipais recibirán un cuestionario co que se pretende coñecer o seu nivel de coñecemento e uso da lingua valenciana.
Fonte: ABC
O Concello de Alacant reforzará en 2016 a promoción do valenciano
O Concello de Alacant reforzará en 2016 os recursos humanos e técnicos da súa Oficina de Promoción Lingüística.
Fonte: La Vanguardia
O valenciano empregarase en documentos do Porto de Valencia
A Academia Valenciana da Lingua asesorará lingüisticamente a Autoridade Portuaria de Valencia para utilizar o valenciano nos portais webs dos portos de Valencia, Sagunto e Gandía así como en textos e folletos destinados a público da Comunidade Valenciana.
Fonte: Valencia Plaza
Os funcionarios xudiciais da Generalitat recibirán cursos de valenciano este ano
Durante o ano 2016 máis de 300 funcionarios poderán mellorar a súa capacitación lingüística en valenciano a través de cursos formativos que impartirá a Generalitat.
Fonte: La Verdad
A Consellería de Educación valenciana presentará a súa proposta de modelo lingüístico en febreiro
O futuro modelo lingüístico busca mellorar o coñecemento do valenciano e do inglés así como diminuír as diferenzas entre a oferta da rede pública e a concertada.
Fonte: El Mundo
Os galardóns para as obras das Fallas editadas en valenciano increméntanse nun 63 %
A Consellería de Educación, Investigación, Cultura e Deporte de Valencia incrementa en 97 750 euros os galardóns destinados aos "llibrets" de Fallas editados en valenciano.
Fonte: Levante
Máis de cen colectivos apoian un manifesto a prol da radiotelevisión valenciana e a reciprocidade coas canles en catalán
Un total de 129 colectivos apoia a reapertura de RTVV e a reciprocidade con IB3 e TV3 para crear un espazo audiovisual común.
Fonte: El Periódico
A Generalitat Valenciana impulsa o valenciano no ámbito asociativo e empresarial con máis de 2 millóns de euros
A Dirección Xeral de Política Lingüística promoverá o valenciano no ámbito asociativo e empresarial e creará un selo de calidade para as empresas que fomenten o multilingüismo.
Fonte: La Información
Boletín
Subscríbase ao boletín