Comunidade Valenciana
Torrent acolle a celebración da Semana da Lingua coa que se quere fomentar o uso do valenciano
A Área de Educación e a Oficina de Dinamización, Promoción e Uso do Valenciano organiza actividades para a semana do 18 ao 25 de abril con motivo do Día do Libro.
Fonte: Las Provincias
Altos cargos das comunidades autónomas reuniranse en Valencia para abordar unha lei de protección para as linguas cooficiais
Valencia acollerá un seminario ao que acudirán representantes das comunidades autónomas nas que existen linguas cooficiais co obxectivo de traballar de maneira conxunta en liñas estratéxicas comúns e de elaborar unha lei para a protección desas linguas.
Fonte: 20 minutos
O Concello de Valencia aplicará cláusulas lingüísticas en todos os seus novos contratos
As empresas contratadas polo Concello de Valencia deberán cumprir, entre outras, unha cláusula lingüística pola que se comprometen a realizar en valenciano as súas comunicacións externas e co Consistorio.
Fonte: El Periodic
A Academia Valenciana da Lingua e a Real Academia de Cultura Valenciana reúnense para achegar posturas
Representantes de ambas as entidades participaron nun encontro cuxo obxectivo era achegar posturas acerca do conflito do valenciano que enfronta a estas dúas organizacións.
Fonte: Las Provincias
O Concello de Valencia, a Generalitat e a Academia Valenciana da Lingua colaborarán para impulsar o valenciano
Un convenio de colaboración entre as tres institucións servirá para coordinar diferentes actuacións encamiñadas á normalización do valenciano.
Fonte: La Vanguardia
A Universidade Jaume I advirte do risco que sofre a lingua catalá na ciencia
Martí Domínguez, profesor da Universidade de Valencia, reivindica un maior uso do catalán no ámbito científico nunha conferencia.
Fonte: Levante-EMV
A Academia Valenciana da Lingua e a Real Academia de Cultura Valenciana asinan un acordo para lograr a paz lingüística
A Academia Valenciana da Lingua (AVL) e a Real Academia da Cultura Valenciana (RACV) aprobaron unha declaración conxunta coa que mostran o seu desexo de traballar conxuntamente a prol do valenciano despois de anos de enfrontamento.
Fonte: La Vanguardia
A oficina xudicial da Comunidade Valenciana inclúe 35 prazas de tramitadores con competencia lingüística en valenciano
A Consellería de Xustiza, Administración Pública, Reformas Democráticas e Liberdades Públicas da Comunidade con esta medida busca atender a cidadanía en ambas as linguas cooficiais e estender o uso do valenciano na Administración de Xustiza.
Fonte: Valencia Plaza
Reúnense diferentes representantes da Administración local para fomentar o uso do valenciano
A Consellería de Educación, Investigación, Cultura e Deporte organiza o encontro para coordinar as accións en materia de política lingüística.
Fonte: El Periodic
A Comunidade Valenciana establece mecanismos para promover o uso do valenciano na Administración de Xustiza
A Consellería de Xustiza e a Academia Valenciana da Lingua (AVL) acordan o desenvolvemento de iniciativas conxuntas que incentiven o uso do valenciano na xustiza.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín