Comunidade Valenciana
A futura Lei de función pública obrigará a acreditar algún nivel de valenciano para acceder a un emprego público
Ata agora o valenciano só era requisito para o persoal docente, pero o anteproxecto da futura Lei de Función Pública da Comunidade Valenciana recolle que quen aspire a un emprego público debe acreditar algún nivel de valenciano en función do seu posto.
Fonte: La Vanguardia
A Oficina de Dereitos Lingüísticos da Comunidade Valenciana comeza a dar os seus primeiros pasos
A Oficina de Dereitos Lingüísticos, impulsada pola Generalitat, será un órgano de carácter institucional e ten como obxectivo atender as queixas e as suxestións que se formulen nesta materia.
Fonte: El Mundo
Segundo unha enquisa, o 75% do persoal do Concello de Alacant móstrase disposto a mellorar o seu nivel de valenciano
Unha enquisa sobre os usos lingüísticos do Concello de Alacant desvela que o 75% do funcionariado desexa mellorar o seu nivel de valenciano e está disposto a recibir formación nesta lingua.
Fonte: Información
A exclusión do valenciano como lingua científica dificulta a lectura de teses neste idioma
Segundo os últimos datos publicados pola Universidade Jaume I, en 2016 apenas o 8,6% das teses se defendeu en valenciano, fronte a un 67,9% que optou polo castelán e un 23,45% que escolleu o inglés.
Fonte: Levante-EMV
Ponse en marcha unha campaña na Comunidade Valenciana para pedir unha lei de igualdade lingüística
Con gallo do 30 aniversario das Trobades d'Escoles Valencianes, a organización Escola Valenciana solicitoulle ao Goberno da comunidade a creación dunha lei de igualdade lingüística.
Fonte: ABC
A Academia Valenciana da Lingua presenta o seu vocabulario de nomes de persoa
O volume Vocabulari de noms de persona, que foi presentado na Feira do Libro, conta con 3000 entradas de nomes valencianos coa súa equivalencia en castelán.
Fonte: El Día
O valenciano converterase na lingua vehicular da Generalitat
O decreto que regula os usos institucionais e administrativos das linguas oficiais da Generalitat, o valenciano e o castelán, aprobouse para garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía.
Fonte: Levante-EMV
A Generalitat Valenciana incrementa un 20% as axudas á promoción do uso do valenciano
A convocatoria de subvencións para a promoción do uso do valenciano conta cunha partida de 6 millóns de euros e está dirixida a medios de comunicación; concellos, mancomunidades e entidades locais; asociacións e entidades sen ánimo de lucro, e ao sector editorial.
Fonte: 20minutos
Preséntase un mapa da Comunidade Valenciana que pon en valor o patrimonio lingüístico do territorio
A Academia Valenciana da Lingua colaborou con este documento na corrección da toponimia en valenciano. O mapa inclúe ademais información pouco frecuente, como topónimos da xeografía mariña.
Fonte: El Diario
A Generalitat Valenciana pon en marcha o Plan de Acompañamento Lingüístico dirixido ao funcionariado
Este plan ten como obxectivo que o funcionariado autonómico adquira competencias nas dúas linguas oficiais, valenciano e castelán, e que a primeira delas alcance un "uso equitativo" respecto á segunda.
Fonte: 20minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín