Comunidade Valenciana
Segundo unha enquisa, o 85% da poboación da Comunidade Valenciana considera que o valenciano se debería usar máis ou igual
Na última enquisa de 2015 sobre o coñecemento e uso social da lingua propia o 85% dos enquisados afirma que o valenciano debería empregarse igual ou máis.
Fonte: Agencia EFE
O novo modelo lingüístico valenciano para o curso 17-18 apostará por unha educación plurilingüe
A Consellería de Educación da Comunidade Valenciana presentou as primeiras premisas nas que se baseará o novo modelo lingüístico, que apostará por unha ensinanza cun maior peso do valenciano e do inglés.
Fonte: Levante EMV
O Goberno da Comunidade Valenciana pide aos alcaldes dos municipios de Vega Baja medidas para o fomento do valenciano
A última enquisa sinala que tan só o 11 % dos habitantes desa rexión sabe escribir en valenciano e que un 14,7 % o fala correctamente. O Goberno mandou un documento solicitando accións por parte dos municipios para mellorar o coñecemento do valenciano.
Fonte: Diario Información
A Universidade Popular de Valencia ofrecerá 32 cursos de lingua valenciana para a poboación do municipio
Un total de 32 cursos de aprendizaxe do valenciano ofertará a Universidade Popular de Valencia para todos os cidadáns interesados en ampliar o seu coñecemento da lingua propia da comunidade.
Fonte: La Vanguardia
A Consellería de Educación da Comunidade Valenciana abre a matrícula para as probas de valenciano
A Consellería de Educación, Investigación, Cultura e Deporte da Comunidade Valenciana abre o prazo para matricularse nas probas de nivel para obter os certificados oficiais de lingua valenciana.
Fonte: Valencia Noticias
Instan o Goberno da Comunidade Valenciana a que esixa o valenciano para acceder á función pública
A Plataforma polos Dereitos Lingüísticos solicitoulle ao Goberno da Generalitat Valenciana a que poña en marcha unha lei que esixa o valenciano como requisito para acceder á función pública.
Fonte: El Diario
A Consellería valenciana de Educación lanza un novo decreto de ensino plurilingüe
A nova proposta inclúe un modelo plurilingüe dividido en tres niveis segundo a maior ou menor presenza do valenciano e o inglés.
Fonte: Información
O Concello de Valencia disporá de voluntariado para ensinarlle valenciano ao persoal municipal
O Concello de Valencia proponse reforzar o ensino do valenciano para o persoal municipal. Para iso contará por primeira vez cun programa de voluntariado, un proxecto de participación lingüística co que se porán en contacto persoas voluntarias falantes de valenciano con outras persoas que queiran aprender esta lingua ou perfeccionala.
Fonte: Valencia Noticias
Un grupo de colectivos valencianos reclama unha lei de igualdade lingüística
A rede de entidades "Enllaçades per la llengua" reclámalle ao Goberno valenciano que aprobe unha lei de igualdade lingüística para que os falantes de lingua valenciana teñan os mesmos dereitos que os castelanfalantes.
Fonte: Cadena Ser
Convócanse os cursos de promoción de coñecementos de valenciano dirixidos ao persoal da Administración
Os cursos de promoción de coñecementos de valenciano, convocados pola Consellería de Educación, Investigación, Cultura e Deporte, están destinados ao persoal non docente da Generalitat e de calquera empresa pública ou privada que traballe para a Administración valenciana.
Fonte: Valencia Noticias
Boletín
Subscríbase ao boletín