Comunidade Valenciana
O Concello de Alacant realizará unha enquisa entre os funcionarios para coñecer o seu nivel de valenciano
Os máis de 2000 funcionarios municipais recibirán un cuestionario co que se pretende coñecer o seu nivel de coñecemento e uso da lingua valenciana.
Fonte: ABC
O Concello de Alacant reforzará en 2016 a promoción do valenciano
O Concello de Alacant reforzará en 2016 os recursos humanos e técnicos da súa Oficina de Promoción Lingüística.
Fonte: La Vanguardia
O valenciano empregarase en documentos do Porto de Valencia
A Academia Valenciana da Lingua asesorará lingüisticamente a Autoridade Portuaria de Valencia para utilizar o valenciano nos portais webs dos portos de Valencia, Sagunto e Gandía así como en textos e folletos destinados a público da Comunidade Valenciana.
Fonte: Valencia Plaza
Os funcionarios xudiciais da Generalitat recibirán cursos de valenciano este ano
Durante o ano 2016 máis de 300 funcionarios poderán mellorar a súa capacitación lingüística en valenciano a través de cursos formativos que impartirá a Generalitat.
Fonte: La Verdad
A Consellería de Educación valenciana presentará a súa proposta de modelo lingüístico en febreiro
O futuro modelo lingüístico busca mellorar o coñecemento do valenciano e do inglés así como diminuír as diferenzas entre a oferta da rede pública e a concertada.
Fonte: El Mundo
Os galardóns para as obras das Fallas editadas en valenciano increméntanse nun 63 %
A Consellería de Educación, Investigación, Cultura e Deporte de Valencia incrementa en 97 750 euros os galardóns destinados aos "llibrets" de Fallas editados en valenciano.
Fonte: Levante
Máis de cen colectivos apoian un manifesto a prol da radiotelevisión valenciana e a reciprocidade coas canles en catalán
Un total de 129 colectivos apoia a reapertura de RTVV e a reciprocidade con IB3 e TV3 para crear un espazo audiovisual común.
Fonte: El Periódico
A Generalitat Valenciana impulsa o valenciano no ámbito asociativo e empresarial con máis de 2 millóns de euros
A Dirección Xeral de Política Lingüística promoverá o valenciano no ámbito asociativo e empresarial e creará un selo de calidade para as empresas que fomenten o multilingüismo.
Fonte: La Información
A Generalitat e o Concello de Valencia impulsarán accións conxuntas de fomento do valenciano
A Dirección Xeral de Política Lingüística e Xestión de Multilingüismo da Generalitat e o Concello de Valencia acordan fomentar o uso do valenciano a través de accións conxuntas.
Fonte: 20 Minutos
As empresas valencianas con selo de calidade lingüística terán vantaxes fiscais
O Goberno de Valencia estuda ofrecerlles vantaxes fiscais ás empresas que promovan o castelán, valenciano e linguas estranxeiras na súa imaxe corporativa, rotulación ou páxina web.
Fonte: Levante-EMV
Boletín
Subscríbase ao boletín