Comunidade Valenciana

A Asociación Valenciana da Lingua entra no circuíto do Instituto Cervantes para promover a literatura en valenciano

A Academia Valenciana da Lingua (AVL) estará a partir de agora presente no circuíto da programación cultural do Instituto Cervantes para promover e potenciar no exterior os escritores valencianos que editen as súas obras en lingua propia.

Fonte: La Información

Comunidade Valenciana

A Comunidade Valenciana esixirá un nivel de lingua B2 a partir do curso 2013-2014 para impartir materias en lingua estranxeira

A Consellería de Educación Valenciana esixirá, a partir do curso 2013-2014, un nivel de coñecemento equivalente ao B2 do Marco Común Europeo das Linguas, tanto aos docentes de Infantil e Primaria como aos de Secundaria, para impartir materias noutros idiomas como o inglés.

Fonte: Europa Press

Comunidade Valenciana

Os cursos de idiomas das universidades públicas e privadas da Comunidade Valenciana pasarán a ser oficiais

O presidente da Generalitat Valenciana, Alberto Fabra, avanzou que a Generalitat aprobará un decreto que permitirá recoñecer como oficiais os cursos de linguas estranxeiras que imparten as universidades públicas e privadas valencianas.

Fonte: Levante-emv

Comunidade Valenciana

O Goberno valenciano aproba o decreto que regula o modelo de ensino plurilingüe na comunidade

O pleno do Consello aprobou o novo decreto que regula o modelo de ensino plurilingüe na Comunidade Valenciana, unha norma que dobra as horas lectivas en inglés desde o segundo ciclo de Educación Infantil, fixa dous programas de ensino multilingüe –en castelán e valenciano- e que, ademais, “protexe e preserva a lingua valenciana”.

Fonte: La Información

Comunidade Valenciana

A Consellería valenciana de Educación convoca 329 bolsas de auxiliares de conversación para Educación Infantil

A Consellería de Educación, Formación e Emprego da Generalitat Valenciana vai crear, de cara ao próximo curso, a figura do English Helper ou asistente en clase de inglés na etapa de Educación Infantil. Neste sentido, Educación convocará 329 bolsas de auxiliares de conversación en inglés.

Fonte: El Periodic

Comunidade Valenciana

Colectivos locais de Elxe denuncian que na cidade se marxina o valenciano

A Plataforma polo Uso do Valenciano en Elxe acusou o Concello desta localidade de marxinar a lingua autóctona en todos os sentidos. A plataforma, integrada por cinco colectivos, puxo en evidencia a política lingüística municipal e manifestou que, tanto no día a día, como na imaxe corporativa, a nivel institucional e toponimia, o actual equipo de goberno amosa unha falta de interese total por este tema.

Fonte: Diario Información

Comunidade Valenciana

O centro que difunde as linguas ibéricas non inclúe as asociacións valencianas da lingua

O Espazo das Linguas Ibéricas e Prehispánicas, que promoverá a riqueza lingüística de España e Portugal, estará integrada pola Generalitat de Cataluña, a Xunta de Galicia, o Instituto Vasco Etxepare Euskal Institutua, o Instituto Camões portugués e o Euskarabidea-Instituto Navarro do Éuscaro, ademais do Instituto Cervantes e a Fundación Xeral da Universidade de Alcalá. Non hai, pois, nin rastro da Generalitat Valenciana a través da Academia Valenciana da Lingua ou da Consellería de Cultura nesta institución.

Fonte: Levante-emv

Comunidade Valenciana

A Escola Oficial de Idiomas de Castellón rexistra un récord de solicitudes para estudar idiomas

A Escola Oficial de Idiomas de Castellón recibiu 13 545 solicitudes de preinscrición para o próximo curso, o que supón un recorde histórico, 5445 máis que o período anterior.

Fonte: El Periódico Mediterráneo

Comunidade Valenciana

A Concellería de Normalización Lingüística de Novelda organiza un ciclo de charlas para fomentar o uso do valenciano

Fomentar o uso da lingua valenciana a través da cultura popular e a literatura son os obxectivos do ciclo de conferencias organizadas pola Concellería de Normalización Lingüística de Novelda, en colaboración coa Universidade de Alacant.

Fonte: El Periodic

Comunidade Valenciana

A Generalitat Valenciana recoñecerá cursos de idiomas aínda que non sexan os da Escola Oficial

As universidades, as cámaras de comercio, o Servef, institucións de recoñecido prestixio e escolas internacionais da Comunidade Valenciana poderán ofertar cursos de idiomas recoñecidos pola Generalitat, que acrediten competencias en linguas estranxeiras segundo o marco europeo.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder