Comunidade Valenciana
Un estudo medirá a contribución da lingua valenciana ao crecemento económico da comunidade
A Consellería de Educación da Comunidade Valenciana financiará un estudo a través do que cuantificar, en termos de renda, emprego e produto interior bruto a contribución das actividades relacionadas co uso da lingua valenciana.
Fonte: Levante
Un autobús percorrerá as rúas de Valencia en Fallas para promover o uso do valenciano
A Dirección Xeral de Política Lingüística porá en marcha unha iniciativa de promoción do valenciano durante a semana de Fallas, na que un autobús percorrerá a comunidade para que os concellos e entidades de todo o territorio poidan unirse á campaña.
Fonte: La Vanguardia
Convócanse novas axudas dirixidas a promover o valenciano
A Dirección Xeral de Política Lingüística anunciou a convocatoria de novas axudas dirixidas a accións de promoción do valenciano, ás que poderán acollerse concellos, mancomunidades e entidades locais da Comunidade Valenciana.
Fonte: València Extra
Unha aplicación móbil permitirá localizar os establecementos nos que atenden en valenciano
A ONG Plataforma pola Lingua do País Valenciano desenvolveu unha aplicación para dispositivos móbiles, denominada ValenciApp, que lles permitirá aos usuarios atopar os establecementos comerciais onde poidan ser atendidos en lingua valenciana.
Fonte: ABC
A Universidade Jaume I organiza unha olimpíada para fomentar o uso do valenciano no alumnado de bacharelato e universitario
A Universidade Jaume I convocou unha olimpíada de valenciano a través da que fomentar o interese e recoñecemento desta lingua nos estudantes de diferentes niveis educativos, nesta ocasión dos institutos de bacharelato e da propia universidade.
Fonte: Levante
Unha liña de axudas e un selo de calidade fomentarán o uso do valenciano no sector empresarial
O Goberno da Comunidade Valenciana confirmou a posta en marcha dunha liña de axudas dirixidas ao sector empresarial para o fomento do valenciano. Ademais, estas axudas inclúen a concesión dun selo de calidade polo uso desta lingua no seu ámbito de actuación.
Fonte: La Vanguardia
A primeira festa pola lingua valenciana de 2018 mobiliza máis de trinta mil persoas
O 15 de abril celebrouse a primeira festa pola lingua valenciana do 2018 no municipio de Rafelguaraf, á que asistiron máis de 30 000 participantes. Durante o encontro realizáronse talleres e actividades lúdicas para os máis novos, e xa están programados novos encontros noutros puntos da xeografía valenciana ata o vindeiro 9 de xuño.
Fonte: Levante
A cidade valenciana de Torrent celebra a III Semana da Lingua
Dende o 23 ao 27 de abril de 2018, a cidade de Torrent celebrará a terceira edición da Semana da Lingua. O programa inclúe actos lúdicos e culturais co obxectivo de fomentar o uso da lingua valenciana.
Fonte: Horta Noticias
Arrancan as emisións de À Punt, a nova canle autonómica de televisión en lingua valenciana
A partir deste 25 de abril de 2018 comezan as emisións en probas da nova canle de televisión pública da Comunidade Valenciana, À Punt, na que se emitirá unha ampla variedade de contidos para todo tipo de públicos en lingua valenciana.
Fonte: Fórmula TV
O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana anula parcialmente o decreto de plurilingüismo
O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana anulou parcialmente o decreto de plurilingüismo por considerar que resulta discriminatorio co castelán fronte ao valenciano no sistema educativo non universitario.
Fonte: Levante-EMV
Boletín
Subscríbase ao boletín