País Vasco
Abren unha nova liña de axudas no País Vasco dirixida ao fomento do uso do éuscaro no eido dixital
O Goberno vasco confirmou a aprobación dunha nova liña de axudas que irá dirixida á promoción, desenvolvemento e normalización do uso da lingua vasca no ámbito dixital. Estas subvencións poderán destinarse tanto a proxectos novos como a outros que xa se atopen en marcha.
Fonte: La Vanguardia
Presentan o proxecto Txikipedia, unha enciclopedia en éuscaro para nenas e nenos de 8 a 13 anos
Txikipedia é un proxecto posto en marcha por Euskal Wikilarien Elkartea. Trátase dunha enciclopedia en éuscaro para nenas e nenos de 8 a 13 anos, cuxo léxico e sintaxe se adaptaron a esa franxa de idade para que a súa lectura e comprensión resulten máis doadas.
Fonte: EITB
O Parlamento vasco solicita que o éuscaro sexa recoñecido como un mérito na oferta pública de emprego
O Parlamento vasco solicitoulle ao Goberno central que o coñecemento das linguas oficiais, como o caso do éuscaro, se teña en conta coma un mérito nos postos da oferta pública de emprego nos que o uso destes idiomas sexa indispensable.
Fonte: Cope
Búscase a unha persoa disposta a mostrar a súa vida en éuscaro durante once días
A plataforma Eibarren Akebai convoca para o vindeiro 20 de abril de 2018 unha proba para atopar unha persoa que durante once días mostre a súa vida en éuscaro na cidade guipuscoana de Eibar, gravando situacións cotiás en diferentes ambientes da cidade e animando o público a usar esta lingua.
Fonte: Diario Vasco
Convócanse os Premios Azkue de Literatura para promover a creatividade literaria entre a mocidade vasca
A Real Academia da Lingua Vasca fixo entrega dos Premios Azkue de Literatura, dirixidos á rapazada de entre 10 e 17 anos e que nesta edición recibiu ata 151 escritos. O obxectivo destes premios é fomentar a escritura en éuscaro entre a xuventude.
Fonte: Deia
O Goberno vasco colaborará para impulsar o uso do éuscaro no País Vasco francés
O Goberno vasco, en colaboración coa Oficina Pública da Lingua Vasca, confirmou o presuposto que se destinará á promoción do éuscaro en Iparralde, o País Vasco francés, seguindo coas accións establecidas no convenio marco para o período 2017-2022 e que se centran na transmisión, o uso, a calidade e actitude ante a lingua.
Fonte: EITB
Represéntase por primeira vez a ópera Bastian und Bastienne en éuscaro
A orquestra de cámara Arimaz, do municipio guipuscoano de Tolosa, levará ao escenario por primeira vez en éuscaro a ópera de W.A. Mozart "Bastian und Bastienne", que xa fora traducida a este idioma no ano 1957.
Fonte: Noticias de Guipuzkoa
Goberno vasco e Autoridade Portuaria de Bilbao asinan un convenio para fomentar o uso do éuscaro no Porto bilbaíno
O Goberno vasco e a Autoridade Portuaria firmaron un convenio de catro anos de duración para lograr un maior uso do éuscaro mediante a súa promoción e normalización.
Fonte: Deia
Bai Euskarari Elkartea crea a primeira aplicación en éuscaro para buscar emprego
Lansarean, a primeira aplicación en éuscaro para buscar traballo, conta xa con 4000 ofertas, 400 empresas e 2900 usuarios. Foi lanzada por Bai Euskarari Elkartea coa intención de dirixirse aos profesionais que buscan traballo e ás empresas que ofrecen oportunidades laborais.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O Día de Internet en Éuscaro centrarase nos dispositivos móbiles
O vindeiro 17 de maio celebrarase en San Sebastián a terceira edición do Día de Internet en Éuscaro, que porá o foco nos móbiles para coñecer que modelos poden utilizarse en lingua vasca.
Fonte: EITB
Boletín
Subscríbase ao boletín