País Vasco
Goberno vasco e Autoridade Portuaria de Bilbao asinan un convenio para fomentar o uso do éuscaro no Porto bilbaíno
O Goberno vasco e a Autoridade Portuaria firmaron un convenio de catro anos de duración para lograr un maior uso do éuscaro mediante a súa promoción e normalización.
Fonte: Deia
Bai Euskarari Elkartea crea a primeira aplicación en éuscaro para buscar emprego
Lansarean, a primeira aplicación en éuscaro para buscar traballo, conta xa con 4000 ofertas, 400 empresas e 2900 usuarios. Foi lanzada por Bai Euskarari Elkartea coa intención de dirixirse aos profesionais que buscan traballo e ás empresas que ofrecen oportunidades laborais.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O Día de Internet en Éuscaro centrarase nos dispositivos móbiles
O vindeiro 17 de maio celebrarase en San Sebastián a terceira edición do Día de Internet en Éuscaro, que porá o foco nos móbiles para coñecer que modelos poden utilizarse en lingua vasca.
Fonte: EITB
O Goberno vasco salienta a colaboración en materia de política lingüística entre os territorios onde se fala éuscaro
O conselleiro de Cultura e Política Lingüística, Bingen Zupiria, salienta que o éuscaro vive un momento relevante, por varias razóns. Acaba de publicarse un libro, Historia de la lengua vasca, que relata a evolución da lingua ao longo dos séculos. Tamén se resaltou a importancia do proxecto Euskaraldia, que se vai poñer en marcha en 2018.
Fonte: La Vanguardia
O éuscaro utilízase cada vez máis en internet
O 17 de maio celébrase o Día de Internet en Éuscaro, unha xornada para reflexionar sobre a presenza desta lingua na rede, onde se utiliza cada vez máis grazas á implantación do dominio .eus.
Fonte: Eitb
O 82 % do cadro de persoal da Deputación Foral de Guipúscoa conta cos perfís lingüísticos de éuscaro 2, 3 e 4
No que respecta aos perfís lingüísticos do persoal que traballa na Deputación Foral de Guipúscoa, as porcentaxes son as seguintes: o 82 % ten acreditado os perfís lingüísticos de éuscaro 2, 3 e 4; un 8 % só conta co nivel 1 e o 10 % restante, ningún.
Fonte: Diario Vasco
Euskaraldia promove o uso do éuscaro en 300 municipios do País Vasco
Entre os días 23 de novembro e 3 de decembro celebraranse as xornadas de Euskaraldia que teñen como obxectivo fomentar o uso do éuscaro da cidadanía vasca.
Fonte: El Correo
A Deputación de Biscaia destina 480 000 euros para a aprendizaxe do éuscaro
A Deputación de Biscaia, en colaboración co Instituto para a Euscaldunización e Alfabetización de Adultos (HABE), vai destinar o vindeiro curso 480 000 euros a uns bonos de desconto para as persoas que queiran aprender éuscaro.
Fonte: El Mundo
O Goberno vasco dedica 979 000 euros a actividades de ocio en éuscaro
A convocatoria de axudas Euskalgintza está destinada a promover o éuscaro na vida social con actividades como a promoción da lectura con encontros entre escritores e lectores, concursos ou guías literarias.
Fonte: El Diario Vasco
O Goberno vasco recoñece o labor realizado por moitas entidades por impulsar o éuscaro no mundo laboral
Con motivo do décimo aniversario dos certificados Bikain, que recoñecen o labor de fomento do éuscaro no mundo laboral, o Goberno vasco fixo balance dos resultados obtidos por estes distintivos nos últimos dez anos, unha década na que lograron esta certificación un total de 337 entidades.
Fonte: El Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín