Despois do acto celebrado o pasado mes de xullo no estaleiro vigués Hijos De J. Barreras, no que se asinou un convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta para galeguizar as súas actividades, o Foro Enrique Peinador, ao que pertence José Francisco González Viñas, presidente do estaleiro, vén de reunirse para programar outros actos de galeguización empresarial.
Así, a xunta directiva do foro acordou celebrar novos actos nas empresas Itelsis (telecomunicacións) e Grupo Academia Postal (centro de preparación de opositores que conta cunha escola de negocios) para este novo trimestre. Os devanditos actos terán como escenarios os polígonos do Tambre de Santiago e o de San Cibrao das Viñas en Ourense.
Fonte: GZnación



