España
Presentan unha iniciativa popular para que o valenciano sexa obrigatorio para os funcionarios

A Generalitat Valenciana xa ten un borrador para a nova Lei para a ordenación e xestión da función pública, na que non figura a obrigatoriedade de que os aspirantes a funcionarios saiban valenciano. O seu coñecemento só se terá en conta, pero non é obrigatorio. Por este motivo, case un centenar de colectivos e entidades cívicas presentaron un manifesto no que piden que no proceso de selección dos funcionarios se "acredite o coñecemento do valenciano, tanto en expresión oral como escrita".
Fonte: El País
O valenciano sitúase nas tecnoloxías dixitais de comunicación
A conselleira de Xustiza e Administracións Públicas, Paula Sánchez de León, presentou a nova rede corporativa de voz en valenciano dos terminais de telefonía fixa da Generalitat.
Fonte: ABC
O vicepresidente do Goberno catalán reclamou "a plena oficialidade lingüística" da lingua catalá en Europa
O vicepresidente do Goberno de Cataluña, Josep Lluís Carod-Rovira, reclamou "a plena oficialidade lingüística" do catalán en Europa, "un dereito ao que, como cidadáns europeos, non podemos renunciar".
Fonte: e-Notícies
O conselleiro de Educación valenciano considera “primordial” o impulso á presenza do valenciano na Administración
O conselleiro de Educación, Alejandro Font de Mora, indicou, durante o acto de presentación da tradución ao valenciano da Lei hipotecaria, que a recuperación e impulso da presenza do valenciano na Administración constitúe un “obxectivo primordial” para a Generalitat.
Fonte: El Periòdic
Esquerra Republicana avisa que non apoiará o Pacto pola Educación se se pon en dúbida a inmersión lingüística en Cataluña
O portavoz de Esquerra no Congreso, Joan Ridao, avisou o ministro de Educación, Ángel Gabilondo, que a súa formación non apoiará o Pacto de Estado pola Educación se neste "se pon en dúbida un modelo de éxito avalado por máis de 30 anos, como o sistema catalán de inmersión lingüística".
Fonte: Europa Press
Eusko Alkartasuna esixe que o currículo educativo vasco dea prioridade ao éuscaro
Eusko Alkartasuna esixiu que o currículo vasco outorgue expresamente "atención prioritaria ao éuscaro" e inclúa "o significado histórico e social de Euskal Herria".
Fonte: El Mundo
Máis de 15.300 clientes elixen o éuscaro para comunicarse coa Caixa de Aforros de Navarra
En total, 60.066 clientes (un 9 por cento) falan ca Caixa de Aforros de Navarra nunha lingua distinta ao castelán e deles case 45.000 dialogan coa entidade en catalán, segundo informou esta caixa nun comunicado.
Fonte: ABC
Nas autoescolas da comarca de Buruntzaldea xa é posible estudar en éuscaro
Unha nova iniciativa coordinada por medio dos departamentos municipais de Éuscaro da comarca de Buruntzaldea permitirá estudar nas autoescolas para sacar o carné de conducir en éuscaro.
Fonte: Diario Vasco
O Colectivo Fala Ceibe pide que se recoñeza o galego na lei comarcal do Bierzo
O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo demanda o recoñecemento da lingua galega na futura reforma da Lei da comarca e reivindica a creación dun novo artigo da norma no que se faga referencia expresa ao galego.
Fonte: La Crónica
Máis de 1.600 alumnos de Navarra cambian de modelo lingüístico por problemas co éuscaro
Uns 1.900 escolares de toda Navarra (o 2 % do total) cambiaron o curso pasado de modelo lingüístico ao terminar educación infantil, primaria ou secundaria.
Fonte: Diario de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín