Galicia
O Ateneo Ferrolán acolle durante esta semana a mostra 'Don Ricardo de Fingoi'
O Ateneo Ferrolán acolle a mostra “Don Ricardo de Fingoi. Carballo Calero en Lugo”, que conmemora os 15 anos que o autor a quen a Real Academia Galega (RAG) lle dedicará o vindeiro 17 de maio residiu na Cidade das Murallas para exercer como profesor e conselleiro delegado do Colexio Fingoi.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago presenta os Esenciais, unha ferramenta para achegar o galego á docencia

Os Esenciais son recursos pensados para apoiar o traballo do profesorado e que o alumnado conte cunha guía de referencia no proceso de aprendizaxe dos contidos dunha materia, ademais de permitir mellorar a comunicación lingüística en galego no ámbito científico.
O Concello de Nigrán aproba a súa Ordenanza de normalización lingüística

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou a aprobación definitiva da Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Nigrán aprobada o pasado 25 de novembro de 2019. Trátase dun texto moi breve, que só contén catro artigos e que carece de referencias á creación dun servizo técnico para esta área.
Fonte: CTNL
Ponse en marcha en Twitter unha iniciativa para facer públicas experiencias de persoas que sufriron rexeitamento por falaren en galego

Co obxectivo de amosar o rexeitamento que sofren algunhas persoas por usaren o galego, a conta de Twitter @Cadahiacurrelos puxo en marcha unha iniciativa na que anima a cidadanía a denunciar estes casos.
Fonte: Galicia Confidencial
Os CEIP Poeta Avelino Díaz e Ponte dos Brozos e o CEE Terra de Ferrol recollen en Santiago os premios 'Nós tamén creamos!'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora adxunta á Dirección Xeral da CRTVG, Rosa Vilas, participaron, no Pazo de San Roque, no acto de entrega dos Premios a curtas de animación en galego “Nós tamén creamos!”, organizados pola Xunta de Galicia en colaboración coa CRTVG e con OQOeditora e que chegan con esta á súa oitava edición.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua publica unha serie de documentos sobre a avaliación de competencias lingüísticas
Xa está dispoñible en liña unha selección de documentos difundidos no “Curso de avaliación de competencias lingüísticas para técnicos/as de normalización lingüística”. Trátase dunha compilación de materiais de referencia entre os que figuran criterios para a avaliación dos Celga, especificacións para realizar exames ou unha proposta de estrutura de exame de galego para presentarlles a representantes institucionais.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un traballo analiza os termos máis buscados no Dicionario da Real Academia Galega

O número 37 da revista Cadernos de Lingua ofrece, entre outros traballos, unha análise sobre os termos máis procurados no Dicionario da Real Academia Galega e os motivos de que o sexan, entre os que destacan, como factores externos máis determinantes, a súa aparición en medios de comunicación e a súa presenza no ámbito escolar.
Fonte: Real Academia Galega
O Centro de Estudos Galegos de Perugia traduce a Uxío Novoneyra ao italiano

A poesía de Uxío Novoneyra xa pode lerse en italiano. O Centro de Estudos Galegos de Perugia, co apoio da Xunta e a Fundación Uxío Novoneyra, acaba de publicar o volume Poesie della chiara certezza. Antologia 1955-1999.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A obra 'RCC. O Carballo que fun en Ferrol' repasa a vida do autor das Letras Galegas 2020 na súa patria natal

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, asistiu á presentación de RCC. O Carballo que fun en Ferrol, unha obra que dá ao prelo o Club de Prensa de Ferrol coa colaboración de autores ferrolterráns, baixo a coordinación de Bernardo Máiz, e o patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco da programación institucional das Letras Galegas 2020 da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago organiza un concurso que vincula a promoción do galego e a sensibilización contra o cambio climático

O concurso de vídeos “Cambio climático e nós”, organizado pola Facultade de Ciencias, vincula a promoción do uso do galego co compromiso adquirido pola Universidade de Santiago coa Axenda 2030. O certame inclúe dúas categorías: unha dirixida ao alumnado da ESO, bacharelato e FP e outra para os membros das tres universidades galegas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín