Galicia
Un estudo do Instituto da Lingua Galega revela que A Lama é o concello onde se fala o galego máis normativo
Xulio Sousa, membro do Instituto da Lingua Galega (ILG), acaba de publicar na revista Languages un estudo que mostra que a localidade onde se fala unha variante do galego máis parecida ao estándar é A Lama (Pontevedra), cun 82,09 % de semellanza, mentres que as maiores diferenzas se observan na localidade leonesa de Pombriego, na que a variedade falada só se asemella nun 34,29 % ao galego normativo.
Xa están dispoñibles na rede os vídeos da última edición do encontro LGx15
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua acaba de publicar en YouTube as oitos intervencións da última edición do evento LGx15, unhas charlas breves que compilan ideas, experiencias e recomendacións que poden mellorar o futuro do galego.
Fonte: CulturaGalega
O primeiro volume de "Anatomía do pensar" analiza as peculiaridades do discurso filosófico
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou o profesor e filósofo Marcelino Agís Villaverde na presentación da súa obra Anatomía do pensar. O discurso filosófico e a súa interpretación. Volume 1: O discurso filosófico.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta clausura en Cambre a segunda edición de '21 días co galego e +'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, participaron no IES Afonso X O Sabio de Cambre (A Coruña) na clausura do programa de dinamización lingüística “21 días co galego e +”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Política Lingüística incrementa as axudas a proxectos de fomento do galego en centros educativos públicos

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ten aberta a convocatoria de axudas para o fomento da lingua galega no ensino, tanto para centros de titularidade privada como para centros de titularidade pública, que verán incrementada en 50 000 euros a contía destinada a este fin.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A páxina web de Ikea xa está dispoñible en lingua galega
Despois de anos de reclamacións dos colectivos en defensa da lingua, Ikea incorpora o galego entre os idiomas dispoñibles na súa páxina web. Ata agora era a única lingua cooficial ausente tanto na web como na atención á clientela.
Fonte: Nós Diario
A Universidade de Vigo presenta o primeiro asistente virtual con comprensión e procesamento de linguaxe natural en galego

A Universidade de Vigo converteuse na primeira institución pública en contar cunha aplicación de atención á comunidade universitaria, principalmente ao alumnado, baseada en intelixencia artificial e comprensión e procesamento de linguaxe natural en galego.
Fonte: Universidade de Vigo
Ábrese o prazo para votar nos Premios MIN da Música Independente, nos que compiten quince propostas polo galardón ao mellor álbum en galego

Ata o 10 de febreiro está aberto o prazo para votar os semifinalistas dos XII Premios MIN da Música Independente, entre os que se atopan quince propostas de diferentes estilos que optan ao mellor álbum en galego.
Fonte: Culturagalega
Carballo acolle un acto para celebrar o Día dos Medios en Galego

O 7 de febreiro celébrase o Día dos Medios en Galego, unha data para reivindicar a importancia dos medios nesta lingua na que se conmemora a saída da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego en 1876: O Tío Marcos d’A Portela.
Fonte: Galicia Confidencial
Guadi Galego recibirá o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado o 20 de febreiro en Madrid

Os gobernos autonómicos de Euskadi, Cataluña, Galicia, Valencia, Navarra e Illas Baleares entregarán o próximo 20 de febreiro en Madrid o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español concedido á artista Guadi Galego polo seu último traballo Immersion o pasado mes de novembro en Bilbao, na xuntanza ordinaria da Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística no que participan as seis comunidades con linguas propias.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín