Galicia

Yuval Noah Harari faise coa VI edición do Premio Bento Spinoza de ensaio

O autor israelita Yuval Noah Harari fíxose coa VI edición do Premio Bento Spinoza pola obra De animales a deuses. Breve historia da humanidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Preto de 4000 estudantes de secundaria de toda Galicia participan en ‘21 días co galego e +’ para fomentar o uso da lingua

A Xunta de Galicia bota a andar a segunda edición do programa de dinamización lingüística 21 Días co galego e +, unha iniciativa que se enmarca no Plan de dinamización da lingua galega na mocidade cos obxectivos de que a xente nova, nomeadamente os adolescentes, fale máis o galego e perfeccione o seu uso dentro e fóra das aulas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un novo libro-disco de Paco Montero réndelle homenaxe ao autor das Letras Galegas 2020

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no Teatro Jofre de Ferrol no concerto-presentación do libro-disco Paco Montero canta a Lumieira de Carvalho Calero.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación de Pontevedra integrarase na Asociación de Entidades Locais pola Lingua

A deputada provincial de Lingua reuniuse coa directiva da Asociación de Entidades Locais pola Lingua para manifestarlle o interese da Deputación de Pontevedra por formar parte deste colectivo.

Fonte: Deputación de Pontevedra

Un volume trata a importancia de potenciar o ensino do portugués en Galicia para aproveitar os vínculos coa lusofonía

Galicia e a lusofonía diante dos desafíos globais, resultado do III Congreso de Estudos Internacionais de Galicia, salienta a importancia de aproveitar as relacións de Galicia cos países de lingua portuguesa, xa que isto supón unha serie de vantaxes competitivas, empresariais, culturais, sociais etc.

Fonte: Universidade de Vigo

A Xunta potenciará o talento audiovisual da mocidade expresado en galego co programa Lingua Rodada

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no Pazo de San Roque o programa de dinamización do galego Lingua rodada, que a Xunta de Galicia desenvolverá entre xaneiro e maio deste ano.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Parlamento de Galicia e a Asemblea Lexislativa de Salvador de Baía analizan vías de colaboración no ámbito da lusofonía

O presidente do Parlamento de Galicia reuniuse coa secretaria da Asemblea Lexislativa de Salvador de Baía e coa presidenta do Consello da Cultura Galega para tratar posibles vías de colaboración no ámbito da lusofonía.

Fonte: Parlamento de Galicia

A Xunta lembra a Castelao no 70 aniversario do seu pasamento

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na igrexa de San Domingos de Bonaval na ofrenda floral organizada pola Fundación Castelao con motivo do 70 aniversario do pasamento do escritor.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Galicia Confidencial consolídase como primeiro xornal dixital en galego

Con preto de 80 000 seguidores, Galicia Confidencial, xunto aos seus socios comarcais, afianzouse no ano 2019 como primeiro xornal dixital en lingua galega.

Fonte: Galicia Confidencial

Varias iniciativas animan a promover o uso do galego no 2020

O novo ano comezou con varias propostas para normalizarmos e promovermos o uso do galego. O primeiro chío en Twitter do ano da Mesa pola Normalización Lingüística convidaba as persoas a dar dez pasos para viviren en galego. Por outro lado, a Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) lanzaba a súa propia campaña en redes sociais, baixo o nome #DígochoEu, coa que se pretende que todos e todas falemos galego un pouco mellor no 2020.

Fonte: Nós Diario

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder