Galicia
Guadi Galego recibirá o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado o 20 de febreiro en Madrid

Os gobernos autonómicos de Euskadi, Cataluña, Galicia, Valencia, Navarra e Illas Baleares entregarán o próximo 20 de febreiro en Madrid o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado Español concedido á artista Guadi Galego polo seu último traballo Immersion o pasado mes de novembro en Bilbao, na xuntanza ordinaria da Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística no que participan as seis comunidades con linguas propias.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta aposta pola colaboración coa Comunidade de Países de Lingua Portuguesa

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse en Lisboa coa directora xeral da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), Georgina Benrós Mello, para abordar a forma da posible integración de España como Observador Asociado deste organismo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Cultura e Turismo convoca os cursos preparatorios das probas de acreditación do Celga para 2020

A Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca os cursos preparatorios das probas de acreditación do Celga nas modalidades tanto presenciais coma en liña para o ano 2020.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase a terceira edición do certame de microrrelatos creado en 2018 para impulsar a presenza do galego no mundo dixital

A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan a terceira edición do certame de microrrelatos, dun máximo de 200 palabras, que naceu en 2018 co obxectivo de reforzar a presenza do galego en internet.
Fonte: Real Academia Galega
Anúncianse cambios no servizo de asesoramento lingüístico da Radio Galega

Segundo comunicou a directora operativa dos Servizos Informativos da CRTVG, os cambios no servizo de asesoramento lingüístico da canle pública teñen como obxectivo mellorar a calidade do idioma no conxunto da emisión.
Fonte: Galicia Confidencial
O Concello de Gondomar ratifica a súa ordenanza municipal de normalización lingüística
A ordenanza de normalización lingüística do Concello de Gondomar, aprobada definitivamente no pleno do mes de xaneiro, ten como obxectivos incorporar o galego en todos os ámbitos da vida municipal e impulsar a normalización do seu uso no conxunto da sociedade.
Fonte: Faro de Vigo
O IES de Melide celebra a VI edición do concerto Presume de Galego

O Pub Gatos acolle o venres 31 de xaneiro o concerto Presume de Galego, organizado polo alumnado do IES de Melide. Esta iniciativa, que chega así á súa cuarta edición, insírese nun proxecto educativo transversal cuxo obxectivo é fomentar a socialización en galego da mocidade a través da música.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Valentín García participa na apertura dos actos do ano Carvalho Calero en Ferrol
O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, participou, no Centro Cultural Torrente Ballester, na inauguración da mostra "Imaxe de cen anos", coa que o Concello de Ferrol abre o ano dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Entidade para a Lingua Frisoa coñece o modelo plurilingüe de Galicia no CEIP Raíña Fabiola
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou o CEIP Raíña Fabiola (Santiago de Compostela), onde se reuniu cun grupo de representantes da Entidade para a Lingua Frisoa (DINGtiid), organización non gubernamental que ten atribuídas as funcións de asesoría ao goberno da rexión de Frisia (Países Baixos) en materia de política lingüística. Na reunión participou tamén o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O IES Salvaterra de Miño traballa para poder introducir a lingua portuguesa na oferta educativa do centro

Dado o carácter fronteirizo da localidade, o IES Salvaterra de Miño continúa coa súa aposta de achegarse ao país veciño coa participación nun programa educativo e a vontade de introducir no futuro a materia de Lingua Portuguesa.
Fonte: Atlántico Diario
Boletín
Subscríbase ao boletín