Galicia
O Concello de Pontevedra organiza un conxunto de actividades para promover o galego nas aulas
O Concello de Pontevedra organiza obradoiros didácticos e charlas sociolingüísticas co obxectivo de reforzar o traballo de promoción do galego que o persoal docente realiza nas aulas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Preséntase unha nova edición de “Vigo arrólate”, unha iniciativa para impulsar a transmisión do galego na familia

A programación desta iniciativa impulsada polo Concello de Vigo inclúe contos, música e actividades formativas, que se desenvolverán entre o 25 de novembro e o 4 de xaneiro. Trátase dun proxecto deseñado para fomentar a transmisión do galego no ámbito familiar dirixido a bebés e ás súas familias.
Fonte: Consello da Cultura Galega
“O sabor das margaridas” convértese nunha das series máis vistas de Neftlix nunha lingua diferente ao inglés

A serie rodada en galego O sabor das margaridas ocupa o posto número sete entre as máis vistas en Netflix en idiomas diferentes ao inglés. Trátase da primeira ficción nesta lingua que se inclúe no catálogo da plataforma, que despois do éxito alcanzado comeza a rodaxe da segunda tempada.
Fonte: Fuera de Series
Valentín García inaugura o Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na mesa inaugural do Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía: os municipios, pezas clave do desenvolvemento, que acolle a Escola Galega de Administración Pública - EGAP.
Susana López Abella e Valentín García presentan 'O rueiro das liortas', a nova proposta teatral de 'Nós contra a violencia'

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron O rueiro das liortas, a nova proposta da campaña “Nós contra a violencia” da Xunta de Galicia que ten como obxectivos promover o uso do galego e sensibilizar contra a violencia de xénero, os micromachismos e a desigualdade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
As webseries en galego poderán optar un ano máis a un premio na súa categoría no Carballo Interplay

O Concello de Carballo convoca unha nova edición do Carballo Interplay, á que poderán presentarse webseries producidas entre 2017 e 2020 cun mínimo de tres capítulos emitidos. Entre as dez categorías do certame inclúese un premio a proxectos de webseries en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Un total de 300 estudantes celebra o Día da Ciencia en Galego cunha conferencia do químico lucense Liz Marzán
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, compartiron a celebración do Día da Ciencia en Galego con 300 estudantes de 4º da ESO e bacharelato.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Moraña, Ribeira, Boimorto, Pontecesures e Mos acollen o 'Falaredes' e 'Nós contra a violencia’
Cinco concellos adheridos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) acollerán esta fin de semana actividades do programa FalaRedes, desenvolvido pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e da campaña “Nós contra a violencia”.
Fonte: Xunta de Galicia
Valentín García participa en Bruxelas no seminario sobre educación organizado pola NPLD

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, participou en Bruxelas no Seminario sobre educación Tecnoloxías Dixitais, Modelos Lingüísticos e Integración Inmigrante incluído nos actos do Comité Executivo da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD, nas súas siglas en inglés) que acolle estes días a sede da Fundación Galicia Europa e no que a Xunta de Galicia participa en calidade de membro de pleno dereito.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A obra 'Galegas en Cuba' pon en valor e réndelle tributo ao papel da muller na emigración
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañaron o investigador cubano Julio César González Pagés, profesor da Universidade da Habana, na presentación da obra Galegas en Cuba.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín