Galicia
A empresa TICgal lanza en galego a ferramenta Gapp para o seguimento de incidencias

A empresa TICgal lanza en galego Gapp, unha ferramenta indicada para facer seguimento de incidencias TIC. Ata o momento está dispoñible tamén en inglés e castelán, pero xa están case completas as versións en francés, italiano, ruso e portugués.
Fonte: Código Cero
A Universidade de Vigo publica un novo manual con recomendacións para resolver dúbidas frecuentes sobre o uso do galego

Este manual, Na universidade onde queiras pero coa lingua, contén recomendacións e solucións a dúbidas frecuentes sobre o uso do galego e recolle aspectos non tratados en dous volumes anteriores publicados en 2013 e 2015.
Fonte: Universidade de Vigo
Valentín García participa na presentación das obras finalistas do XV Premio de Novela Europea Camiño de Santiago
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación das novelas finalistas da XV edición do Premio de Novela Europea Camiño de Santiago.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Consellería de Sanidade lémbralle ao seu persoal que a lingua de uso preferente na presentación de servizos é o galego
A Consellería de Sanidade comunicoulle ao seu persoal que a lexislación vixente lle outorga ao galego un uso preferente na prestación de servizos, tanto na comunicación interna oficial como coa cidadanía.
Fonte: Faro de Vigo
O Consello da Cultura Galega publica unha selección de textos científicos en galego

O Consello da Cultura Galega publica Textos científicos en galego 1939-1975, co obxectivo de paliar a necesidade de material en lingua galega para traballar contidos científicos no ámbito educativo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta presenta 'Galicia Nomeada', unha plataforma de referencia na salvagarda e divulgación do tesouro toponímico

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou Galicia Nomeada, unha plataforma web pioneira que favorece a salvagarda, a compilación e a divulgación do tesouro toponímico de Galicia, “un caso singular sen comparanza en España nin en Europa en variedade, antigüidade e densidade de denominacións por km2.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca axudas para a creación de obras audiovisuais en galego
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca axudas para o ano 2019 destinadas á creación de obras audiovisuais en versión orixinal en lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Ames fai entrega do Premio Lingua e Empresa

Petiscos Gastrobar, Cenlitrosmetrocadrado e Escola de Estudos Musicais Allegro reciben os galardóns da segunda edición do Premio Lingua e Empresa, que convoca o Concello de Ames co obxectivo de fomentar o uso do galego na actividade económica do municipio.
Fonte: Concello de Ames
O número de títulos publicados en galego durante o 2018 alcanzou a cifra de 1144 no conxunto do Estado

Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística, en Galicia editouse en 2018 un total 1998 títulos, un 6,7 % máis que no ano anterior. Destes, 896 estaban en castelán e 793, noutra lingua oficial. A nivel estatal, publicáronse en galego 1144 libros, dos cales case oito de cada dez se editaron en Galicia, o 10,8 % na Comunidade de Madrid e o 4,3 % en Cataluña.
Fonte: Galicia Confidencial
Os Bolechas celebran o Nadal en galego no programa da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta
Os Bolechas celebran o Nadal, sen neve e moi preocupados polo quecemento do planeta, no marco das propostas de dinamización lingüística do programa Nadal en Rede impulsado pola Rede de Dinamización Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín