Galicia
Anxo M. Lorenzo participa na ofrenda floral para conmemorar o 40 aniversario do falecemento de Eduardo Blanco Amor
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou en Ourense na ofrenda floral en memoria de Eduardo Blanco Amor no 40 aniversario do seu falecemento.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Nove bolseiros incorpóranse como investigadores do Centro Ramón Piñeiro

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deulles a benvida aos nove bolseiros que, ata decembro de 2021, traballarán nos proxectos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH), dependente da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Clúster da Comunicación Gráfica premia o proxecto #Instagal, un retrato da diversidade lingüística de Galicia

O xurado dos IV Premios Paraugas de Comunicación e Marketing de Galicia seleccionou como gañadora, na categoría de Mellor proxecto social media, a iniciativa da CRTVG #Instagal, que busca retratar a diversidade lingüística de Galicia a través das redes sociais.
Fonte: CRTVG
A Mesa pola Normalización Lingüística publica un ano máis o seu catálogo de agasallos en galego

O Catálogo de Nadal 2019 da Mesa pola Normalización Lingüística inclúe diferentes propostas de agasallos en galego que ofrecen as empresas adscritas ao proxecto Abertos ao Galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Ovidio Rodeiro participa na presentación do libro “O meu bisavó”, relato de Valle-Inclán editado en galego e ilustrado con apoio da Consellería de Cultura
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou no acto de presentación do libro O meu bisavó, un relato breve inspirado na Galicia campesiña, editado en galego e ilustrado. Esta edición contou co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta recupera con 'O teu Xacobeo' a Martín de Padrozelos, considerado o primeiro trobador galego-portugués
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou en Sarria na presentación do proxecto Trobador no Camiño, Andares pola lírica de Martín de Padrozelos, un libro-disco que rescata a figura de Martín de Padrozelos, considerado o primeiro trobador da lírica galego-portuguesa.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa na apertura da XV Xornada de Normalización Lingüística de escolas católicas
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou, no Consello da Cultura Galega, na inauguración da XV Xornada de Normalización Lingüística, organizada por Escolas Católicas en colaboración coa Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O novo tradutor automático multilingüe de Elhuyar inclúe o galego entre as súas linguas

A fundación Elhuyar presentou o seu novo tradutor automático multilingüe Itzultzailea, unha ferramenta baseada na intelixencia artificial e nas redes neuronais que permite a tradución entre cinco idiomas, entre os que figura o galego, xunto ao éuscaro, o castelán, o francés e o catalán.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Convócase unha nova edición para o ano 2020 de Musigal, un programa para impulsar a música en galego

A Deputación de Pontevedra publica as bases do programa Musigal 2020, unha iniciativa destinada a artistas ou grupos musicais profesionais que traten contidos sociolingüísticos e de dinamización do galego e que fagan música nesta lingua ou, no caso de ser instrumentais, que as súas pezas sexan de autoría galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Centro Ramón Piñeiro fomenta o uso didáctico do refraneiro co libro 'Coa palabra na boca'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a nova publicación dixital Coa palabra na boca. Suxestións para traballar con refráns nas aulas, do profesor Xaime Iglesias.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín