Galicia
A Xunta achégalle 24 actividades de dinamización e promoción ao programa da 12ª edición de Culturgal

A Xunta mantén o seu apoio á feira das industrias culturais Culturgal como principal patrocinadora da súa 12ª edición, que terá lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro no Pazo de Cultura de Pontevedra.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Guadi Galego recibe o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado

A Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística decidiu concederlle o Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado neste ano 2019 a Guadi Galego, polo seu último traballo “Inmersión”, no que a artista galega incluíu doce temas en sete linguas da Península Ibérica.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Centro Galego de Lleida acolle a conferencia ‘A lingua galega desde a orixe do Camiño de Santiago aos nosos días’
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, ofreceu no Centro Galego de Lleida a conferencia “A lingua galega desde a orixe do Camiño de Santiago aos nosos días”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Quince concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta acollen actividades arredor da celebración do 25N
Un total de 15 concellos participantes na Rede de Dinamización Lingüística (RDL) acollen outras tantas actividades do programa FalaRedes, desenvolvido pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e da campaña Nós contra a violencia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Consello Local da Infancia e a Adolescencia de Moeche demanda maior compromiso co galego

Os nenos e nenas do Consello Local da Infancia e a Adolescencia demandan nun pleno extraordinario o apoio do Concello para levar a cabo a campaña "O galego rebélase".
Fonte: Sermos Galiza
Convócase a segunda edición do Certame de Podcast en Galego Xosé Mosquera Pérez
O IES Rosalía de Castro, Arraianos Producións e Ponte... nas ondas! convocan a segunda edición do Certame de Podcast en Galego Xosé Mosquera Pérez, unha iniciativa destinada a alumnado de sexto de primaria e de educación secundaria de Galicia, así como de fóra que impartan ensinanzas de galego de réxime xeral.
Fonte: Consello da Cultura Galega
'Toponimízate' divulga os nomes da terra en dezaseis localidades da Rede de Dinamización Lingüística
A campaña de divulgación da toponimia "Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra" chegará entre os meses de novembro e decembro a 16 localidades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
'Toponimízate' divulga os nomes da terra en dezaseis localidades da Rede de Dinamización Lingüística
A campaña de divulgación da toponimia "Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra" chegará entre os meses de novembro e decembro a 16 localidades da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
As antoloxías 'Canto e contracanto' e 'Barzhaz Bihan Galiza' tenden pontes entre as literaturas galega e bretoa
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao recital de poesía galega e bretoa e, ao tempo, acto de presentación dos volumes Canto e contracanto. Antoloxía de poetas de Bretaña e Barzhaz Bihan Galiza. Mostra de poesía galega que se celebrou no auditorio do Pazo de San Roque.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
'O que arde' convértese no filme en galego máis visto nas salas comerciais

O que arde converteuse no filme rodado en galego máis visto nas salas comerciais en toda a historia, un récord que ata agora tiña Sempre Xonxa, con 62 203 espectadores, fronte á película de Oliver Laxe que acaba de superar os 62 500 y que ademais se sitúa entre as 25 producións do Estado máis vistas no que levamos de 2019.
Fonte: Praza Pública
Boletín
Subscríbase ao boletín