Galicia

O Centro Ramón Piñeiro fomenta o uso didáctico do refraneiro co libro 'Coa palabra na boca'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a nova publicación dixital Coa palabra na boca. Suxestións para traballar con refráns nas aulas, do profesor Xaime Iglesias.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta licita as obras de restauración da fachada do Pazo de San Roque en Santiago por máis de 200 000 euros

A Xunta licita as obras de restauración da fachada do Pazo de San Roque, na cidade de Santiago de Compostela, por máis de 200 000 euros. Así o anunciaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Xesús Alonso, Soledad Penalta, Monicreques de Kukas, Amancio Prada, ‘O sabor das margaridas’, Pilar Ponte, a restauración do Pórtico da Gloria e ‘Galego en Londres’, Premios da Cultura Galega

Xesús Alonso Montero, Soledad Penalta, Monicreques de Kukas, Amancio Prada, a serie de televisión O sabor das margaridas, Pilar Ponte Patiño, a restauración do Pórtico da Gloria e o programa "Galego en Londres" son os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2019. Os premiados foron distinguidos nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior, respectivamente, por un xurado que estivo presidido polo conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.

Fonte: Xunta de Galicia

Pilar Ponte recibe o Premio da Cultura Galega na categoría de Lingua

O xurado dos Premios da Cultura Galega deu a coñecer as persoas galardoadas nesta edición de 2019, entre as que figura, na categoría de Lingua, Pilar Ponte Patiño, profesora do IES da Pobra do Caramiñal e promotora do proxecto “21 días co galego”.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A XIII Xornada Xustiza e Lingua analiza o paso do uso social ao uso procesual do galego nos xulgados

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, compartiu con Francisco J. Rabuñal, decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, a mesa inaugural da XIII Xornada Xustiza e Lingua, que se celebrou no salón de actos do dito Colexio de Avogados.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Anxo M. Lorenzo fai entrega do XVII Premio de Poesía Afundación ao escritor e xornalista Miguel Sande

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, fixo entrega do XVII Premio de Poesía Afundación a Miguel Sande pola súa obra Os filósofos xa non brindan con cicuta.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A nova guía 'A peregrina gastrónoma' percorre os espazos e monumentos máis singulares do Camiño Inglés

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, participaron na presentación da nova obra de María Canosa A peregrina gastrónoma. Unha guía do Camiño Inglés.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García participa na ofrenda a Xosé Neira Vilas polo cuarto aniversario do pasamento do escritor

Con motivo do cuarto aniversario do falecemento de Xosé Neira Vilas, ocorrido o 27 de novembro de 2015, o cemiterio parroquial de Gres, no que repousa, acolleu unha ofrenda na que participou o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Nigrán aproba a súa ordenanza de normalización lingüística

A corporación de Nigrán aprobou por unanimidade a primeira ordenanza de normalización lingüística do Concello, que impulsará o uso do galego na actividade municipal e a adopción de medidas que eviten a discriminación por razón de lingua.

Fonte: ValMiñorTV

Valentín García acompaña a Xoán Carlos G. Porral na presentación de 'As tres mouras da Fonte Lantana'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañou a Xoán Carlos García Porral na presentación da obra As tres mouras da Fonte Lantana.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder