Galicia

Un total de 300 estudantes celebra o Día da Ciencia en Galego cunha conferencia do químico lucense Liz Marzán

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, compartiron a celebración do Día da Ciencia en Galego con 300 estudantes de 4º da ESO e bacharelato.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Moraña, Ribeira, Boimorto, Pontecesures e Mos acollen o 'Falaredes' e 'Nós contra a violencia’

Cinco concellos adheridos á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) acollerán esta fin de semana actividades do programa FalaRedes, desenvolvido pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e da campaña “Nós contra a violencia”.

Fonte: Xunta de Galicia

Valentín García participa en Bruxelas no seminario sobre educación organizado pola NPLD

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, participou en Bruxelas no Seminario sobre educación Tecnoloxías Dixitais, Modelos Lingüísticos e Integración Inmigrante incluído nos actos do Comité Executivo da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD, nas súas siglas en inglés) que acolle estes días a sede da Fundación Galicia Europa e no que a Xunta de Galicia participa en calidade de membro de pleno dereito.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A obra 'Galegas en Cuba' pon en valor e réndelle tributo ao papel da muller na emigración

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañaron o investigador cubano Julio César González Pagés, profesor da Universidade da Habana, na presentación da obra Galegas en Cuba.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Ponteareas premia tres empresas locais por traballar en galego

O Concello ponteareán, co obxectivo de distinguir as empresas do municipio que usan o galego como lingua habitual, convocou o premio "Ponteareas, Lingua e Empresa". Resultaron gañadoras da primeira edición deste galardón Cárnicas Fontefría, Die Gabinete Técnico e Máis Vida.

Fonte: Faro de Vigo

Valentín García asiste á conferencia "40 anos de políticas lingüísticas no Quebec", impartida por Françoise Vaillancourt

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á conferencia "40 anos de políticas lingüísticas no Quebec. 1977-2017" que impartiu o profesor François Vaillancourt.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Chega a Cotobade a mostra 'Os nove anos de Fraguas en Lugo'

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o alcalde, Jorge Cubela, visitaron no Edificio Multiúsos de Cotobade a mostra “Os nove anos de Fraguas en Lugo”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Santiago de Compostela resolve os XV Premios á calidade lingüística

Os Premios á calidade lingüística nos traballos fin de grao (TFG) e fin de mestrado (TFM), impulsados polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, buscan fomentar entre o alumnado a cultura da calidade ligada ao uso do galego.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Sofía e Mateo foron os dous nomes máis repetidos ao longo de 2018 en Galicia

Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, entre as formas só galegas Antía e Uxía foron os máis elixidos para as nenas e Brais e Antón, para os nenos. Figuran entre os cincuenta nomes máis usados Roi, Xoel, Xián, André e Breixo, así como Sabela, Xiana e Lúa.

Fonte: Sermos Galiza

Comeza en novembro unha nova edición de Toponimízate, a campaña de divulgación da toponimia

Mazaricos, Manzaneda e Ribadavia acollen as tres primeiras charlas da nova edición do programa de divulgación da toponimia “Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra”.

Fonte: Real Academia Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder